30 de maio de 2013. O Ministerio de Fomento está a tramitar o cambio de usos dunhas instalacións no Porto Exterior de Ferrol, pertencentes á empresa Entabán, e orixinalmente adicadas á produción de biocombustíbeis, para seren usadas como almacén e descarga de residuos marítimos perigosos (MARPOL). Dáse a circunstancia que as instalacións de Entabán xa tiveran hai uns anos unha importante vertedura á ría de Ferrol e que a empresa á que se traspasa a xestión dos refugallos perigosos, Ingaroil SLU, xa fora denunciada na Fiscalía por manter instalacións "clandestinas" para o tratamento de refugallos nas Somozas. Entre o trazado do tren, os dragados ilegais da canle para REGANOSA e agora o trafego de refugallos perigosos, o Porto Exterior vai supoñer a "puntilla" para a ría de Ferrol.
|
Ler máis...
|
|
Ferrol 10.5.2013. Praza de Armas. Concentración de protesta po-lo proxecto de paso do tren cara ao porto exterior a través da propia ría de Ferrol co impacto que supón. Foi convocada a concentración de protesta po-la plataforma que aglutina a máis de 30 colectivos (grupos ecoloxistas, AAVV, asociacións deportivas, culturais, sociais, etc , entre outros ADEGA. Fixo leitura do manifesto Xandro García, vicepresidente de ADEGA, en representación dos colectivos convocantes....
Fotografía: Miguel Anxo Glez
Información adicional: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es |
Ferrol 4-5 maio 2013. Limpeza da ribeira e cauce do regato de Doniños. Organizado po-lo colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" traballause en duas xornadas, na recuperación e limpeza do canle do regato de Doniños (LIC Costa Artabra), unha das paraxes máis visitadas de Ferrol. Na xornada do sábado, retiraronse uns 200 kg de residuos, e outros centos máis de madeira. Na do domingo foi bastante menos, pois a maioría do retirado eran pezas plásticas moi miúdas, aparte de retirar tamén a madeira atopadas. Participaron membros do colectivo “Acción Directa” , voluntarios e tamén houbo representación e participación de xente de Adega na comarca de Ferrol.
Información adicional: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ |
Ferrol 24.4.2013. Entrevista ao presidente de ADEGA-Ferrol na TV de Ferrol. Realizada entrevista a Nés Lópes, presidente de Adega na delegación de Ferrol, en relación ao Dia Internacional da biciicleta(19 abril) , ao Dia Internacional da Terra (22.abril), diversos campos de actuación de ADEGA, divulgación da propia asociación ,etc. Acceso completo á entrevista:
Parte 1: http://youtu.be/5opCtuDhIvk Parte 2: http://youtu.be/01K67QawxlQ
|
Ferrol 20.4.2013. Concentración-protesta e xuntanza coa Ministra de Fomento po-lo asunto do trazado do tren ao porto "exterior" a través da ría de Ferrol. Con ocasión da visita da Ministra de Fomento a Ferrol, realizouse unha mobilización de protesta polo proxecto de pasar o tren de acceso ao porto exterior de Ferrol a través da propia ría. Xandro García, vicepresidente de Adega e César Bedoya, do Club do Mar actuando en representación da plataforma de opositores ao trazado sur do tren ao porto exterior de Caneliñas (máis de 30 colectivos), expúxoselle que a construción do viaduto sobre a ría supoñerá a desaparición da enseada da Malata e do banco marisquero ademais esa enseada é ou sustento de moita xente e moito nos tememos que mesmo poida converterse nun problema de saúde. A ministra se comprometío a revisar o asunto e ver a opción mellor. Foto D Alexandre (D.Ferrol). Información adicional: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es. http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/958-concentracion-protesta-polo-tren-atraves-da-ria-de-ferrol |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 35 |