Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
O xulgado de Ferrol ratifica a ilegalidade da urbanización da Frouxeira, denunciada por ADEGA en 2006 PDF Imprimir Correo-e
Envia O xulgado de Ferrol ratifica a ilegalidade da urbanización da Frouxeira, denunciada por ADEGA en 2006 a FaceBookEnvia O xulgado de Ferrol ratifica a ilegalidade da urbanización da Frouxeira, denunciada por ADEGA en 2006 a Twitter

19 de decembro de 2012. Seis anos despois de que ADEGA denunciara a construción dunha urbanización de "adosados" sobre o castro da Frouxeira e en plena Rede Natura (LIC Costa Ártabra), o xulgado do contencioso de Ferrol acaba de ratificar a paralisación das obras acordada en resposta á nosa denuncia polo concello de Valdoviño. Tras varios anos de loita e denuncias por parte de ADEGA e co apoio de veciños/as e colectivos sociais, conseguimos que os tribunais ratificaran a ilegalidade dos 69 chalés da Saíña (Valdoviño) promovidos por "Construcciones Rías Gallegas", que aínda pode recorrer a decisión. ADEGA quere agradecer a toda a veciñanza e colectivos implicados nesta loita o seu esforzo por conservar o noso patrimonio natural e cultural. Porén, e diante do desleixo cando non complicidade de Costas e a Xunta co infractor, dende ADEGA preguntámonos: Teremos que ser sempre veciños/as e ecoloxistas os que miremos polo noso medio?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Protesta po.lo novo trazo do Camiño Inglés na zona Fene-Cabanas e o impacto ambiental e etnográfico PDF Imprimir Correo-e
Envia Protesta po.lo novo trazo do Camiño Inglés na zona Fene-Cabanas e o impacto ambiental e etnográfico a FaceBookEnvia Protesta po.lo novo trazo do Camiño Inglés na zona Fene-Cabanas e o impacto ambiental e etnográfico a Twitter

rio baaFene 15.11.2012 .A Plataforma pola Defensa do Río Baa e a súa Contorna (Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, Plataforma de Defensa dos Camiños, ADEGA, Verdegaia e SGHN),mostrámonos abertamente en contra da nova traza do Camiño Inglés ao seu paso polos municipios de Fene e Cabanas. Ao noso entender se o proxecto desvirtúa os contidos do camiño, tanto no fondo coma na forma. O vial pasará por zonas urbanas, que perderá o seu vínculo co río Baa e que abandonará o contacto directo co núcleo Dos chaos e a parroquia de San Martiño do Porto.
A estas consecuencias cabe engadir a desvinculación de elementos etnográficos de tanto interese e transcendencia para a propia historia do camiño como poden ser o marco de San Lorenzo ou o castro de Primos, entre outros. Engádense os problemas que carrexará a ampliación do parque industrial de Vilar do Colo e os que xa agora se derivan do acondicionamento das parcelas denominadas Q e o bloque comercial situado na zona de Cabanas. Convócase marcha-reivindicativa para o dia 18.11 (ver sección "eventos" na nosa web :http://adega.gal/info/090121joomla/axenda?task=icalrepeat.detail&;evid=649&year=2012&month=11&day=18&title=roteiro-reivindicativo-no-camino-ingles-ao-seu-paso-por-fene-e-rio-baa&uid=8945d97a09c83efe5460537e07721739 ).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Augas hiperácidas con altos contidos de metais pesados enchen o "lago" das Pontes PDF Imprimir Correo-e
Envia Augas hiperácidas con altos contidos de metais pesados enchen o "lago" das Pontes a FaceBookEnvia Augas hiperácidas con altos contidos de metais pesados enchen o "lago" das Pontes a Twitter

10 de decembro de 2012. Vimos de coñecer os resultados das pdfanálises encarregadas por ADEGA ás augas do mal chamado "lago" das Pontes, resultado do proxecto de Endesa de encher de auga o oco da antiga mina de lignito. Como supoñiamos, a auga da balsa na zona de baño amosa parámetros "normais" de acidez e de metais pesados. Iso sí, carece practicamente de nutrientes e de osíxeno disolto, imprescindíbeis para o mantemento da vida animal e vexetal. Porén, o principal problema vén das augas que drenan as escombreiras "rexeneradas" e que flúen até a balsa nun perímetro de 18 kilómetros. Estas augas, canalisadas por tubaxes e canles artificiais ou escoando dos noiros, teñen unha extrema acidez (pH entre 2 e 3) e cantidades de metais pesados que chegan a multiplicar por 10.000 os presentes na balsa. O panorama dista moito do idílico "lago" que venderon Endesa e a Xunta: É unha balsa mineira morta que paseniñamente énchese de metais pesados e vírase máis ácida.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Recollida de sinaturas a prol da ILP contra a incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia Recollida de sinaturas a prol da ILP contra a incineración a FaceBookEnvia Recollida de sinaturas a prol da ILP contra a incineración a Twitter

Incineracion. ILP.2012Ferrol 27.10.2012. A delegación de Ferrolterra de ADEGA coa colaboración de Verdegaia e a Sociedade Galega de Historia Natural recollimos sinaturas en contra da incineración e a favor da reducción, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo dende mediados de xuño en toda Galiza. tamén colaborarán no acto.  O obxectivo que persigue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas. Información adicional: http://adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/residuos-contaminacion/821-asina-a-ilp-contra-a-incineracion-e-pola-aplicacion-efectiva-dos-3r

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Edición de outubro do Mercadiño do Troco PDF Imprimir Correo-e
Envia Edición de outubro do Mercadiño do Troco a FaceBookEnvia Edición de outubro do Mercadiño do Troco a Twitter

Mercadiño Troco.2012.10 521.10.2012. Realizado o Mercadiño do Troco en Ferrol de outubro . Colaboramos membros de diversos colectivos (ADEGA, COOP57, Cooperativa Xoaninha , SGHN, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) có apoio como almacén do bar “LA Maña” e particulares. http://trocaferrol.org. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán trocar deixar ou levar obxetos sen uso de diñeiro, para promover un consumo máis sustentable. Nesta ocasión edición de mercadiño do troco "especial eleccións”.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA