4 de abril de 2010. A explotación, promovida por Picobello Andalucita S.L., de capital británico e surafricano, xa fora rexeitada pola anterior Xunta polos impactos no Parque Natural das Fragas do Eume. Agora, logo de modificacións "cosméticas", a administración aprobou a DIA da mina a ceo aberto que degradará aínda máis as maltreitas Fragas do Eume. A contorna -o monte Fontardión, no alto Belelle- é unha zona ben conservada hábitat de especies protexidas como a tartaraña cincenta ou o bufo real (só 10 parellas en Galiza) e que debería funcionar como corredor ecolóxico entre o LIC Xubia-Castro e o Parque Natural do Eume. A explotación fica uns metros fóra destes espazos mais os impactos (arrastres, perda e degradación dos hábitats, desfeita paisaxística) non entenden de fronteiras administrativas. E todo para que o a andalucita, mineral utilizado na fabricación de tixolos, vaia fóra do país, ao estilo dun neocolonialismo "anglo-boer".
|
Ler máis...
|
|
Ferrol 29.3.2010. 19 hs. Nova concentración de repulsa pola entrada ilegal de gaseiros na ría de Ferrol hacia a pranta de regasificación de Mugardos. Punto de encontro: Diante do Edificio da Xunta de Galicia. Praza Amada García. Ferrol. Convocados polo Comité Cidadán Emerxencias da Ria de Ferrol e apoiada por diversos colectivos, entre outros por ADEGA. De novo, prevista entrada dun gaseiro, neste caso o Madrid Spirit, poucas datas despóis de nova multa a Reganosa por verquidos ilegais á ría de Ferrol. |
Ferrol, 25 de marzo de 2010. REGANOSA, malia a ser recentemente multada con 9.000€, segue a incumprir a autorización de vertedura, coa complicidade da Xunta. Esta empresa privada, participada nun 10% pola administración galega, leva vertidas á ría de Ferrol 115 millóns de m3 de augas residuais dende a súa entrada en funcionamiento en novembro de 2007. No entanto, e malia as multas, a Xunta de Galiza segue a permitir que Reganosa incumpra as condicións do permiso de vertedura: a empresa segue sen achegar os datos das medicións en continuo do cloro e da temperatura da agua, única forma de valorar o cumprimento dos condicionantes da autorización e de garantir a non afección ao ecosistema da ría. http://www.xornal.com/artigo/2010/04/12/galicia/ferrol/adega-denuncia-reganosa-verte-augas-residuais-ria-ferrola/2010032523444701563.html Multa REGANOSA (104 KB)
|
Ler máis...
|
Cabanas (A Coruña). 21.3.2010. Día da árbore. Plantación no piñeiral de Cabanas. As 11 h no areal de A Madalena en Cabanas. En desagravio po-la talla "indiscrimanada" realizada por Costas no "piñeiral de Cabanas", organízase por diversos colectivos coa colaboración de ADEGA una plantación de árbores en conmemoración do día da árbore e como desagravio por estes feitos. Haberá tamén, ademáis da plantación de árbores, xogos populares, música,etc. Coordina en Pontedeume o noso presidente comarcal Suso L Piñeiro:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
. Información adicional: Salvemos o Piñeiral de a Madalena (Facebook).
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 Seguinte > Final >>
|
Páxina 35 de 35 |