|
Fene-Cabanas-Mugardos (A Coruña). 9.6.2012. 2ª Roteiro Reivindicativo po-lo río Baa. Diante da problemática do depósito dos áridos almacenados nas inmediacións do Polígono de Vilar do Colo, os colectivos: PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO POLÍGONO INDUSTRIAL DO VILAR DO COLO. PLATAFOMA DE DEFENSA DOS CAMIÑOS, ADEGA, VERDEGAIA, S.G.H.N .convocamos para este próximo sábado día 9, coas actividades en defensa do entorno natural afectado por estes residuos perigosos, especialmente no que afecta á conca do río Baa , espazo natural privilexiado, que transcurre polos concellos de Cabanas, Fene e Mugardos ,todo isto de un gran valor paisaxístico e ecolóxico.Coa finalidade de demandar unha vez máis a súa retirada. Hai que ter en conta que a día de hoxe nin siquera se levaron a diante as disposicios esixidas no seu dia pola consellería: afastamento do domininio público, gávias perimetrais, cubertas dos acopios e reducción nun cincuenta porcento do volume dos materiais.
|
Ler máis...
|
07/06/12 Monfero. ADEGA-Ferrolterra, a Asociación O Abordelo e o Colectivo Terra organizan un acto informativo sobre a lei de montes. A cita será na antiga cámara agraria de Rebordelo (Monfero), ás 21h. Intervirán Daniel Vispo (Vogal de ordenación do territorio de ADEGA) e Alberto Lema Couso (Coordinador da Xunta Rectora da ORGACCMM). Este é o evento do Facebook: http://www.facebook.com/events/368609073198513/ |
15.04.2012. Pola defensa das Fragas do Eume. ADEGA apoia e participa na concentración convocada pola Plataforma en defensa das Fragas do Eume o domingo 15 ás 12h diante do concello da Capela. O acto desenvolverase baixo os lemas "Salvemos as Fragas, Solucións XA!” e “Arde Galiza, Feijoo responsable".
Intervirán o escritor Xabier P. Docampo, os viciños afectados, o vogal de ordenación do territorio e urbanismo de ADEGA Daniel L. Vispo, e o portavoz da plataforma Miguel Anxo Abraira.
PARTICIPADE!!!
|
Ferrolterra. 14.04.2012. ADEGA colabora na organización da 1ª Andaina Polo Río Baa. O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km. Comezaremos na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe. Dende aquí partiremos cara a Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeno alto para comentar a historia deste pedrón así como as tradicións que o rodean. Logo continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construción pre-romana. Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección. Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.
Contacto Serxio: 662428976 |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 10 de 35 |