Adega
INICIO Programas / Proxectos Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais - Páxina 02
Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais - Páxina 02 PDF Imprimir Correo-e
Indexar artigo
Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais
Páxina 02
Páxina 03
Todas as páxinas

CARACTERÍSTICAS E CONSTRUCIÓN DA ZONA HÚMIDA DE A SILVOUTA

Pola sua maior sinxeleza de operación, eliximos unha zona humida de fluxo horizontal. A área total do humidal divídese en 2 módulos de 6x12.5 mhumidal_silvouta__iii_11feb05.jpg conectados en serie. Así, a superficie total útil da área é de 150 m2. O primeiro módulo é de fluxo superficial e o segundo de fluxo subsuperficial.

Cada módulo está separado do seguinte por un sócalo de 50 cm de ancho e un desnivel suficiente, segundo se deriva dos diferentes aspectos construtivos. Cada vaso construiuse cunha pendente do 1% na base.

Desde a saída dos dixestores anaerobios, o efluente condúcese ao distribuidor de fluxo do primeiro vaso. Este distribuidor consiste nunha canaleta curva (tubo de cemento cortado a mitade de forma lonxitudinal, fomando unha semicana) no que se fixeron 6 cortes en forma de V a través dos que flúe a auga pretratada (dispondo asi dun ponto influente por m lineal da cabeceira do vaso). O ponto inferior da V sitúase a un 1/3 do diámetro por encima da base interior da canaleta. A base da canaleta fica no nivel superior da lámina de auga na balsa.constr1.gif

balsaaugasuperficialii.jpgA captación do efluente do primeiro vaso realízase mediante outro tubo en U, con cortes en V na parte anterior, de tal forma que se coloca como imaxe especular do tubo en U de entrada. A parte inferior dos cortes en V sitúanse exactamente 50 cm por encima do fondo do vaso. Do lado posterior do tubo en U, e desde o seu fondo, parte un tubo que conduce o liquido á cámara rexistro.

Da cámara parte un tubo inclinado que conduce o líquido ao tubo distribuidor á entrada do segundo vaso. Este tubo completo, cun diámetro duns 30 cm, conta con perforacións laterais (unha cada metro lineal), pola parte posterior, a media altura, e sitúase sobre pedra e grixo groso, a media altura no leito da balsa. Ao final desta segunda balsa colocamos un tubo similar ao anterior, tamén con perforacións cada metro lineal, e do que sae un tubo que conduce o efluente final fora da balsa, segundo se mostra na figura.

A impermeabilización consiste nunha película de polietileno que cubre toda a base e os lateriais de cada vaso, erguéndose lixeiramente (10 cm) sobre o nivel máximo da auga. Colocouse unha capa de xeotéxtil por debaixo e outra por riba do plástico.



 


ADEGA