Adega
INICIO Programas / Proxectos Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais - Páxina 03
Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais - Páxina 03 PDF Imprimir Correo-e
Indexar artigo
Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais
Páxina 02
Páxina 03
Todas as páxinas
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DO Proxecto-ANO 2004

No primeiro ano do proxecto, realizáronse charlas sobre depuración natural e visitas a estación depuradora de auga residual da Silvouta (sistema tradicional) así como ao dixestor anaerobio (pretratamento da zona húmida). Cara ao final de ano estará construida a zona húmida, polo que a visita se completará. Ata a fecha os beneficiarios foran aproximadamente 900 persoas, na sua maioria estudiantes de secundaria.

Charlas

As charlas impartíronse a maioría das veces para os grupos que logo ían participar en saídas, aínda que nalgúns centros ampliáronse a outros grupos, interesados na mesma. Para a realización das charlas empregáronse como recursos transparencias, diapositivas e presentacións en pwp. (ver anexo I). Realizáronse un total de 38 charlas informativas, nas que está incluida a ponencia nas II xornadas de Desenvolvemento sustentábel de Bioloxía. O total de participantes foi de ao redor de 900 persoas. No seguinte gráfico realizamos un desglose por sectores.

 

Visitas

As visitas realizanse a estación de tratamento de augas residuais da Silvouta (EDAR), onde tamén atópase o dixestor anaerobio, pretratamento da zona humida. Durante todo o ano escolar 2003-2004 realizouse a visita a ambolos dous tratamentos o convencional (a propia instalación) e o de baixo custo (dixestor anaerobio). Cara ao final deste ano, unha vez completada a construcción da zona húmida, realizarase xa a visita completa, co que se pderá realizar unha mellor comparativa dos dous tipos de tratamento, así como os resultados obtidos (ver memoría tecnolóxica). En moitos caso as visitas a EDAR ian acompañadas da visita a ETAP (Estación de tratamento de auga potable), co que se completa o ciclo da auga na cidade, e pode enternderse este dende un punto de vista mais global ao atender de forma integral o ciclo da auga en Santiago de Compostela. (ver anexo II). O número total de visitas foi de 38.

Atendendo a procedencia dos visitantes decir que a maioría destes proceden do Concello de Santiago de Compostela cun 90%

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com


 


ADEGA