Adega
INICIO Programas / Proxectos Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais
Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais PDF Imprimir Correo-e
Indexar artigo
Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais
Páxina 02
Páxina 03
Todas as páxinas
Envia Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais a FaceBookEnvia Proxecto Tecnolóxico e Educativo sobre Depuración Natural e Sustentábel de Augas Residuais a Twitter
la_caixa.gifO proxecto educativo consiste na construcción e utilización dunha instalación de depuración natural, ubicada na Estación de tratamento de augas residuais da Silvouta como un equipamento de educación ambiental sobre a problemática da contaminación da auga e as alternativas de depuración das augas residuais (dixestor anaerobio + zona húmida versus o sistema de tratamento tradicional da propia EDAR da Silvouta).
Este programa está financiado por La Caixa e conta coa colaboración da UDC e o Concello de Compostela.

depuradora_anaerobia_0204.jpg

Os antecedentes deste programa teñen unha raiz doble: por un lado está o desenvolvemento de tecnoloxías sustentabeis e de baixo custo para a depuración de augas residuais urbanas levado a cabo polo equipo de investigación en Enxenería ambiental da Universidade da Coruña, do que é investigador principal Manuel Soto Castiñeira. Esta tecnoloxía xa se atopa consolidada e a asociación ADEGA leva realizadas actuación para a sua difusión (publicacións en Cerna e en ADEGA-Cadernos).

Por outra banda, o proxecto de Depuración por humidal enmarcase dentro da programación de educación ambiental que Adega ven desenvolvendo durante os últimos anos. Neste programa as actividades relacionadas coa auga, a sua contaminación e depuración tiveron unha demanda preferente e crecente (mais de 1000 escolares se achegaron a dita problemática nos anos 2002 e 2003).

dixestor.jpg O contexto no que se desenvolve este proxecto é o que emana da Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA), na que Adega participou activamente na sua fase de consulta pública aportando as suas consideracións e alegacións. Neste documento estratexico para o desenvolvemento da Educación Ambiental en Galiza explicítase que un dos principais problemas ambientais de ámbito galego é a contaminación das augas sobre o que se di “durantes as últimas décadas produciuse un empeoramento na calidade das augas continentais e mariñas, máis acusado nalgunhas zonas, ocasionando principalmente polo aumento dos vertidos de augas residuais urbanas e industriais” pax 42.

O proxecto educativo consiste na utilización da instalación de depuración natural, ubicada na Estación de tratamento de augas residuais da Silvouta como un equipamento de educación ambiental sobre a problemática da contaminación da auga e as alternativas de depuración das augas residuais (dixestor anaerobio + zona húmida versus o sistema de tratamento tradicional da propia EDAR da Silvouta).

humidal.jpg Proxectanse a impartición de 60 charlas informativas e a visita de 200 grupos as instalacións, ao longo de dous anos escolares, do mesmo xeito no segundo ano elaborarase e dsitribuirase unha guía de depuración natural que ampliará e afianzará a difusión do proxecto.

Para a comunicación do proxecto editouse un cartaz e dípticos informativos sobre as actividades.


CARACTERÍSTICAS E CONSTRUCIÓN DA ZONA HÚMIDA DE A SILVOUTA

Pola sua maior sinxeleza de operación, eliximos unha zona humida de fluxo horizontal. A área total do humidal divídese en 2 módulos de 6x12.5 mhumidal_silvouta__iii_11feb05.jpg conectados en serie. Así, a superficie total útil da área é de 150 m2. O primeiro módulo é de fluxo superficial e o segundo de fluxo subsuperficial.

Cada módulo está separado do seguinte por un sócalo de 50 cm de ancho e un desnivel suficiente, segundo se deriva dos diferentes aspectos construtivos. Cada vaso construiuse cunha pendente do 1% na base.

Desde a saída dos dixestores anaerobios, o efluente condúcese ao distribuidor de fluxo do primeiro vaso. Este distribuidor consiste nunha canaleta curva (tubo de cemento cortado a mitade de forma lonxitudinal, fomando unha semicana) no que se fixeron 6 cortes en forma de V a través dos que flúe a auga pretratada (dispondo asi dun ponto influente por m lineal da cabeceira do vaso). O ponto inferior da V sitúase a un 1/3 do diámetro por encima da base interior da canaleta. A base da canaleta fica no nivel superior da lámina de auga na balsa.constr1.gif

balsaaugasuperficialii.jpgA captación do efluente do primeiro vaso realízase mediante outro tubo en U, con cortes en V na parte anterior, de tal forma que se coloca como imaxe especular do tubo en U de entrada. A parte inferior dos cortes en V sitúanse exactamente 50 cm por encima do fondo do vaso. Do lado posterior do tubo en U, e desde o seu fondo, parte un tubo que conduce o liquido á cámara rexistro.

Da cámara parte un tubo inclinado que conduce o líquido ao tubo distribuidor á entrada do segundo vaso. Este tubo completo, cun diámetro duns 30 cm, conta con perforacións laterais (unha cada metro lineal), pola parte posterior, a media altura, e sitúase sobre pedra e grixo groso, a media altura no leito da balsa. Ao final desta segunda balsa colocamos un tubo similar ao anterior, tamén con perforacións cada metro lineal, e do que sae un tubo que conduce o efluente final fora da balsa, segundo se mostra na figura.

A impermeabilización consiste nunha película de polietileno que cubre toda a base e os lateriais de cada vaso, erguéndose lixeiramente (10 cm) sobre o nivel máximo da auga. Colocouse unha capa de xeotéxtil por debaixo e outra por riba do plástico.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DO Proxecto-ANO 2004

No primeiro ano do proxecto, realizáronse charlas sobre depuración natural e visitas a estación depuradora de auga residual da Silvouta (sistema tradicional) así como ao dixestor anaerobio (pretratamento da zona húmida). Cara ao final de ano estará construida a zona húmida, polo que a visita se completará. Ata a fecha os beneficiarios foran aproximadamente 900 persoas, na sua maioria estudiantes de secundaria.

Charlas

As charlas impartíronse a maioría das veces para os grupos que logo ían participar en saídas, aínda que nalgúns centros ampliáronse a outros grupos, interesados na mesma. Para a realización das charlas empregáronse como recursos transparencias, diapositivas e presentacións en pwp. (ver anexo I). Realizáronse un total de 38 charlas informativas, nas que está incluida a ponencia nas II xornadas de Desenvolvemento sustentábel de Bioloxía. O total de participantes foi de ao redor de 900 persoas. No seguinte gráfico realizamos un desglose por sectores.

 

Visitas

As visitas realizanse a estación de tratamento de augas residuais da Silvouta (EDAR), onde tamén atópase o dixestor anaerobio, pretratamento da zona humida. Durante todo o ano escolar 2003-2004 realizouse a visita a ambolos dous tratamentos o convencional (a propia instalación) e o de baixo custo (dixestor anaerobio). Cara ao final deste ano, unha vez completada a construcción da zona húmida, realizarase xa a visita completa, co que se pderá realizar unha mellor comparativa dos dous tipos de tratamento, así como os resultados obtidos (ver memoría tecnolóxica). En moitos caso as visitas a EDAR ian acompañadas da visita a ETAP (Estación de tratamento de auga potable), co que se completa o ciclo da auga na cidade, e pode enternderse este dende un punto de vista mais global ao atender de forma integral o ciclo da auga en Santiago de Compostela. (ver anexo II). O número total de visitas foi de 38.

Atendendo a procedencia dos visitantes decir que a maioría destes proceden do Concello de Santiago de Compostela cun 90%

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA