ADEGA participa na Semana Europea de Prevención de Residuos |
Esta semana, do 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos. Esta esta iniciativa nace en Europa para fomentar a concienciación na prevención da produción de residuos, reducir a cantidade dos xerados, prolongar a vida útil e a reutilización dos produtos, evitar e diminuir os efectos nocivos dos residuos no medio e na saúde. A semana europea da prevención dos residuos focalízase en dous conceptos da Directiva Marco 98/2008/CE sobre residuos: a prevención e a preparación para a reutilización, as dúas primeiras prioridades na xerarquía de residuos da nova lei 22/2011 de Residuos e Solos Contaminados. Dende ADEGA organizamos unha serie de actividades tanto para a concienciación da poboación como para reivindicar que a Xunta aposte de verdade pola redución, a reutilización e a reciclaxe dos residuos fronte á queima e enterramento de SOGAMA.
As actividades organizadas para esta semana son: -Concurso de ideas para a prevención de residuos: durante esta semana irán aparecendo na nosa web as ideas enviadas, entre todas celebraremos un sorteo dun kit de compostaxe, composteiro, manual e libro. O sorteo será o xoves 24 e a entrega do premio o venres 25. -Instalación de composteiros en centros de ensino: o mércores 23 instalaremos un composteiro no CEIP Xoaquín Loriga de Lalín. O obxectivo desta actividade é que os alumnos coñezan o funcionamento da compostaxe e o compromiso por parte do centro de compostar os residuos orgánicos nas propias instalacións reducindo a cantidade de residuos que van a para ao contedor municipal. -Visita a planta de tratamento de residuos do Barbanza: o xoves 24 iremos a iremos a visitar a planta de tratamento de residuos da Mancomunidade do Barbanza. Como exemplo de aproveitamento dos residuos, nesta mancomunidade recóllense os restos orgánicos por separado coa finalidade de transformalos en compost, conseguen unha porcentaxe moi alta de recuperación de envases lixeiros e manteñen un programa de educación ambiental dirixido a escolares e asociacións para incrementar a conciencia da redución e a importancia da correcta separación dos residuos. Podedes participar nestas actividades enviando un correo a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou chamando ao telefone 628 37 88 04. |