|
4 de outubro de 2012. Os faraónicos proxectos de Iberdrola e GN-Fenosa no Sil e Miño, que afectan ( Santo Estevo II, San Pedro II) ou van afectar ( Sta. Cristina, Belesar III, O Peares III, Edrada-Sto. Estevo) a espazos naturais protexidos, paisaxes únicas e mesmo especies en perigo de extinción, foron autorizados e defendidos polo ex-presidente da CH Miño-Sil, Fdez. Liñares, mesmo contra o acordo do Senado de non autorizar novos aproveitamentos nestes ríos e a opinión da daquela ministra de Medio Ambiente Rosa Aguilar, quen recoñecera a sobreexplotación da bacía. Os elevadísimos impactos destas instalacións sobre o patrimonio ambiental e cultural da Ribeira Sacra, como puidemos ver coas obras de Santo Estevo II, fan aínda máis incomprensíbel o apoio da CH Miño-Sil que ademais presentou un Plano Hidrolóxico a medida de Endesa e Fenosa. Dende ADEGA instamos á Fiscalía e ao xulgado que entende o "caso Pokemon" a que investigue a tramitación destas concesións. Esiximos tamén as actuais responsábeis da Confederación que paralisen a tramitación destes proxectos e á Xunta que manifeste diante do ministerio a súa oposición a unhas obras que son un vergoñento resto do "franquismo ambiental" nos nosos ríos.
|
Ler máis...
|
|
7 de novembro de 2011. Gas Natural-U. Fenosa vén de iniciar os trámites para a construción doutra central reversíbel na Ribeira Sacra, a de "Edrada-Santo Estevo" de 763 MW, entre os encoros de Santo Estevo (Sil) e Edrada (Mao). O proxecto requerirá de faraónicas obras para furar o canón do Sil cun túnel de 5Km, un pozo de 450m e unha central en caverna co volume dun barrio de vivendas de 10 pisos a 120 m de profundidade no macizo. Se o proxecto vai adiante, unirase aos de Belesar III e Os Peares III, tamén de Fenosa e Santo Estevo II e Santa Cristina, de Iberdrola, todos na bacía Miño-Sil, a máis sobreexplotada de Europa con máis de 100 aproveitamentos hidroeléctricos. É outra herdanza ambiental do franquismo xa que deriva dunha concesión de 1951 por 99 anos para o "aproveitamento hidroeléctrico integral" do río Mao. E ben que o aproveitan, con todo "atado y bien atado" por cen anos!
|
Ler máis...
|
Ourense, 7 de setembro de 2010. En epoca de crise e “austeridá”, e logo de que arderan boa parte dos espazos naturais da provincia, as administracións van desbaldir 8 millóns de euros na construción dun “centro de interpretación ambiental” en Ourense. Mentres, non hai orzamentos públicos para facer os preceitivos planos de restauración para as zonas queimadas e de recuperación e conservación das especies protexidas. Outra volta, óptase por investir en cemento (e na cidade) en nome do ambiente, ficando o medio rural e os nosos espazos naturais abandonados, precisamente no Ano Internacional da Biodiversidade.
|
Ler máis...
|
3 de setembro de 2010. A vaga de lumes de agosto afectou principalmente a espazos naturais do interior do país de alto valor ecolóxico. Se en 2006 os incendios afectaron maiormente a áreas periurbanas e costeiras, cunha incidencia relativamente baixa e dispersa sobre os espazos protexidos (un 2% do total queimado), neste 2010 máis do 30% do terreo arrasado corresponde a tres espazos protexidos (Macizo Central, Xurés e Canóns do Sil) e áreas veciñas de alto valor natural. Tendo en conta a cativa representación territorial que a Rede Natura ten en Galiza (menos dun 12%), a incidencia dos lumes deste ano constitúe unha verdadeira catástrofe ecolóxica.
|
Ler máis...
|
3 de marzo de 2011. O anuncio do Minsterio de Defensa de considerar a localidade ourensana de Trasmiras para instalar unha fábrica-campo de probas de avións espía non tripulados, xera logo da inicial sorpresa, non poucas incertidumes. É unha das dúas posíbeis ubicacións para esta infraestrutura (a outra é Arenosillo, en Huelva) e Defensa aínda non ten decidido nada. Mais... por que na Limia? ADEGA chama a atención sobre estes proxectos-miragre que baixo a promesa dos postos de traballo e progreso, agochan instalacións contaminantes ou fábricas de morte, como é o caso. No millor estilo do desarrollismo franquista e 50 anos despois da desecación da lagoa de Antela, o estado pretende agora trocar na Limia, coa aquiescencia da Xunta, os arados por espadas e as aves protexidas por paxaros de metal.
|
Ler máis...
|
Ourense, 13 de agosto de 2010. A ocultación de información e a mentira sobre os lumes só amosa a incapacidade dos governantes para afrontar o problema. Feijóo aposta todo a? extincio?n -iso si?, con menos medios, por aquelo da austeridade- confiando como na era Fraga nos elementos e na providencia, e esquecendo a prevencio?n. A supresio?n dos grupos de Voluntariado en Defensa do Monte, factor chave de concienciacio?n e disuasio?n, agrava a sensacio?n de impunidade e estende o desleixo da poboacio?n cara o andazo dos lumes. Precisamente o Sr. Feijo?o acaba de reclamar a colaboracio?n da sociedade galega contra o lume: niso precisamente consisti?a o voluntariado que tan cedo encargouse de desmontar. Finalmente, dende ADEGA queremos expresar a nosa dor pola morte de Xulio e Rodrigo, solidarizándonos coas su?as familias. LUMES, NUNCA MA?IS !!!
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 3 |