En Lobios, no 30 de marzo de 2010. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de tomar coñecemento da existencia dun vehículo abandonado en plena Vía Nova (Via XVIII, do itinerario antonino). A Vía Nova, de Brácara a Augusta conta cun novo atractivo, os restos dun vehículo ou cuádriga semellante aos empregados polos construtores da milenaria vía de comunicación entre as cidades de Braga (Brácara) a Augusta (Astorga). Ditos restos atópanse en Lobios, concretamente moi preto dos miliarios de Riocaldo, ao pé da estrada que vai de Riocaldo á fronteira de Portela D`Homen, estaciónase o vehículo naquela área recreativa e séguese a vía en dirección Sur ou subida dirección Portugal e a 300 m. (aproximadamente) no centro da calzada romana impedindo o paso está o vehículo.
Turistas alarmados
Este residuo do s.XXI, atópase no lugar sinalado desde hai aproximadamente 4 meses, recibindo as autoridades do Parque Natural avisos constantes, por parte dos numerosos turistas e sendeiristas, para que sexa retirado. ADEGA non pode máis que esixir a demisión do actual Director do Parque do Xurés por incompetente e inepto.
Por todo isto, ADEGA SOLICITA ás autoridades competentes (Concello, Consellaría de Cultura, Consellaria de Medio Rural-Parque Natural do Xurés, Seprona)
A retirada do vehículo estacionado en Plena Vía XXIII (véxanse fotografías ilustrativas) e a apertura dun procedemento sancionador por infracción da normativa cutural de protección do patrimonio cultural, por parte dos organismos responsables de Ourense ao Director do Parque do Xurés, ao poder ser cualificada dunha actividade que atenta contra os valores de preceptiva obriga por parte dos podes públicos de conservar o patrimonio cultural, tal como preceptúa a Lei 30/1995 de Protección do Patrimonio Cultural de Galiza. |