Adega
INICIO Novas

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

Novas de ADEGA-Ourense


ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo a FaceBookEnvia ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo a Twitter

22 de abril de 2010. ADEGA vén de solicitar información sobre os productos químicos (pesticidas) que a Consellería do Medio Rural vai empregar para fumigar 5.000 hectáreas de carballos afectados pola "pulguiña dos carballos" (Altica quercetorum). Fronte ás declaracións dos responsábeis da Consellería do Medio Rural asegurando a "total inocuidade" destes pesticidas para as persoas e o ambiente, ADEGA lembra que un biocida nunca é inocuo e podería supoñer un risco para outras poboacións de insectos beneficiosos, como as abellas. A inicial negativa de Medio Rural a informar sobre a substancia usada para esta fumigación masiva e os seus posíbeis impactos levanta a sospeita sobre a toxicidade do composto utilizado, particularmente sobre a maltreita poboación de abellas en recesión nos últimos anos e moi sensíbel a químicos sistémicos como o fipronil e o imidacloprid e outros agrotóxicos. Solicitude ALTICA QUERCETORUM (117 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño PDF Imprimir Correo-e
Envia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño a FaceBookEnvia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Carballiño a Twitter
expolobolugo.jpgDo 5 ao 19 de abril no Auditorio Municipal d'O Carballiño. Logo do seu paso por numerosas vilas e cidades galegas, este 5 de abril chega ao Carballiño a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. Pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Expo LOBO CARB.pdf Ficha técnica EXPOLOBO CARBALLIÑO (12 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os avances da carrocería imperio romano, impresionan a Vía Nova (Vía XXII) en Lobios PDF Imprimir Correo-e
Envia Os avances da carrocería imperio romano, impresionan a Vía Nova (Vía XXII) en Lobios a FaceBookEnvia Os avances da carrocería imperio romano, impresionan a Vía Nova (Vía XXII) en Lobios a Twitter

sany0444.jpgEn Lobios, no 30 de marzo de 2010. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de tomar coñecemento da existencia dun vehículo abandonado en plena Vía Nova (Via XVIII, do itinerario antonino). A Vía Nova, de Brácara a Augusta conta cun novo atractivo, os restos dun vehículo ou cuádriga semellante aos empregados polos construtores da milenaria vía de comunicación entre as cidades de Braga (Brácara) a Augusta (Astorga). Ditos restos atópanse en Lobios, concretamente moi preto dos miliarios de Riocaldo, ao pé da estrada que vai de Riocaldo á fronteira de Portela D`Homen, estaciónase o vehículo naquela área recreativa e séguese a vía en dirección Sur ou subida dirección Portugal e a 300 m. (aproximadamente) no centro da calzada romana impedindo o paso está o vehículo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Milleiros de toneladas de terra e pedras soterran un monte comunal de Paderne de Allariz PDF Imprimir Correo-e
Envia Milleiros de toneladas de terra e pedras soterran un monte comunal de Paderne de Allariz a FaceBookEnvia Milleiros de toneladas de terra e pedras soterran un monte comunal de Paderne de Allariz a Twitter
sany0424.jpgPaderne de Allariz, no 19 de marzo de 2010. ADEGA-Ourense vén de tomar coñecemento da actuación que se está a executar no Monte de Rioseco (parroquia de Figueiroá) do Concello de Paderne de Allariz. Toneladas de terra e pedras procedentes das obras de "mellora" da estrada comarcal que enlaza o Polígono de San Cibrao con Maceda están sendo deitadas no monte veciñal denominado "Rioseco".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras PDF Imprimir Correo-e
Envia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras a FaceBookEnvia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras a Twitter
expolobolugo.jpgDo 12 ao 25 de marzo na sala Caixanova (Praza do Príncipe s/n) do Barco de Valdeorras. Logo do seu paso por numerosas vilas e cidades galegas, este venres 12 chega ao Barco a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. Pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Expo LOBO O BARCO.pdf Ficha técnica EXPOLOBO (65 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 3

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA