Adega
INICIO Novas 8 millóns de € para un "ecomausoleo" mentres a nosa biodiversidade esmorece sen investimentos

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

8 millóns de € para un "ecomausoleo" mentres a nosa biodiversidade esmorece sen investimentos PDF Imprimir Correo-e
Envia 8 millóns de € para un "ecomausoleo" mentres a nosa biodiversidade esmorece sen investimentos a FaceBookEnvia 8 millóns de € para un "ecomausoleo" mentres a nosa biodiversidade esmorece sen investimentos a Twitter
Ourense, 7 de setembro de 2010. En epoca de crise e “austeridá”, e logo de que arderan boa parte dos espazos naturais da provincia, as administracións van desbaldir 8 millóns de euros na construción dun “centro de interpretación ambiental” en Ourense. Mentres, non hai orzamentos públicos para facer os preceitivos planos de restauración para as zonas queimadas e de recuperación e conservación das especies protexidas. Outra volta, óptase por investir en cemento (e na cidade) en nome do ambiente, ficando o medio rural e os nosos espazos naturais abandonados, precisamente no Ano Internacional da Biodiversidade.

Preténdese construir un macro-centro de interpretación dos espazos naturais de Ourense cando se supón que a interpretación é a arte de apresentar in situ e contextualizado o noso patrimonio. Deste xeito, mentres que a xente do rural "sofre" as restricións de usos que impostas nos espazos protexidos sen compensación nen investimento algún nestas áreas, os cartos gástanse nun edificio na cidade.

No país existen ducias de centros de interpretación, mesmo titularidade da Xunta, a maioría infrautilizadas ou semiabandoadas. Moitos nen sequera contan con orzamentos suficientes para poder continuar as súas actividades. Mais o lamentábel é que os obxectos desa interpretaión, o noso patrimonio natural, fica completamente abandonado e orfo de políticas activas de recuperación e conservación. Os escasos recursos adicados no seu día á redación dos planos de conservación e recuperación das nosas especies protexidas, foron retirados pola actual Xunta.

Nada se fixo por facilitar o retorno do oso a Galiza, malia aos claros sinais de que o plantígrado quere expandirse ao noso país, nen por recuperar a pita do monte, a charrela, a aguia real... Tampouco haberá cartos para facer fronte ás gravísimas consecuencias ecolóxicas dos lumes deste verán nos espazos protexidos (Xurés, Macizo Central, canóns do Sil), agravados polas chuvias que virán.

A ideas para a conservación da natureza que propoñen as administracións competentes non son moi distintas ás do eido da cultura: carísimos e inúteis mausoleos ao estilo “Cidade da Cultura” mentres a nosa biodiversidade –e a nosa cultura- esmorece.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA