Adega
INICIO Quen somos

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

Que é ADEGA-Ourense
A delegación de ADEGA en Ourense, iníciase alá polo ano 1979, por unha serie de problemáticas ambientais que por aquel entón asolaban a provincia: os incendios forestais, a construción de encoros e centrais hidroeléctricas eran algúns dos impactos que o territorio estaba sufrindo, motivo suficiente para que un grupo de xente tomara a iniciativa de asentar unha delegación de ADEGA na provincia de Ourense.

En Xaneiro de 2003, en plena crise do Prestige, a delegación de Ourense asiste ao nacemento dunha nova etapa na súa traxectoria de ecoloxismo activo, conseguindo crear e dinamizar unha delegación renovada e comprometida que herdaba os folgos dos que, vintecinco anos antes, comezaran a traballar pola conservación do medio ambiente ourensán.

Dende ese momento ADEGA en Ourense desenvolve actividades de todo tipo, denuncias ambientais, accións de sensibilización e educación ambiental así como xornadas de información e difusión. Destacamos as seguintes actividades durante os últimos anos:

  • A celebración do Día da Árbore coa colaboración da Escola de Danza da Deputación, un acto onde se integran ecoloxía e cultura co obxectivo de lembrar a importancia das árbores na nosa vida.
  • Xornadas de Mobilidade Sostible, en colaboración con AIXIÑA, pola necesidade da demanda dunha cidade para todas e todos.
  • Presenza nas mesas temáticas do proceso de elaboración da Axenda 21 local de Ourense

ADEGA-Ourense está integrada no Comité de Defensa do Monte Galego, participando activamente nas diferentes actividades organizadas, foi parte da coordinación de voluntariado durante a Crise do Prestige, dentro da Plataforma Nunca Máis, colabora con diferentes organizacións; Coordenadora Amigos/as do Río Arnoia


1 Adega Ourense, unha volta máis na Feira da Saúde 3574
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA