Adega
INICIO Novas Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 rematan este domingo na Serra do Galiñeiro
Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 rematan este domingo na Serra do Galiñeiro PDF Imprimir Correo-e
Envia Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 rematan este domingo na Serra do Galiñeiro a FaceBookEnvia Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 rematan este domingo na Serra do Galiñeiro a Twitter

serra galinheiroLugo, 12 de xuño de 2012.- O vindeiro domingo, 17 de xuño, remataremos a campaña de roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 percorrendo a Serra do Galiñeiro. Trátase dun lugar cheo de lendas e tamén cun rico patrimonio noutros aspectos: arqueolóxico, xeolóxico, biolóxico, etc. Estes valores abondarían para que a Serra fora incorporada ao Parque Natural do Monte Aloia. Pola contra, son moitas as agresións que poñen en perigo a súa riqueza: canteiras, vertedoiros, pistas, proxecto de instalación dun parque eólico, etc. Subiremos á Serra desde o lugar de Vincios (Gondomar) e realizaremos un percorrido circular de 10 km e de dificultade media acompañados pola Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro. Descárrega o pdfCARTAZ.

 

Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 dedicados á Galiza Máxica rematan este domingo 17 de xuño na Serra do Galiñeiro. A serra do Galiñeiro é un lugar natural de encontro dos concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, e é un lugar senlleiro polos seus valores naturais, culturais, sociais e económicos, que che referimos no seguinte pdfDÍPTICO

O percorrido será circular e de 10 quilómetros aproximadamente. Preme pdfAQUÍ para ver o croquis da ruta.

SAÍDAS DE BUSES:       

LUGO: desde a Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h.

COMPOSTELA: desde o Pazo de Congresos ás 9:30 h.

VINCIOS: desde a saída da autopista AG-57 ás 11:00 h.

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

 PREZOS:

  Xeral.......................................................................................... 15 €

Estudantes, xubilados/as e no paro…………...................................12 €

Socios/as.................................................................................... 10 €

Ata 17 anos............................................................................... 5 €

 

Máis info: roteirosadegalugo.blogaliza.org

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA