Adega
INICIO Novas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Novas de ADEGA-Ferrolterra


ADEGA solicita a Costas a retirada do proxecto actuacións na lagoa da Frouxeira PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita a Costas a retirada do proxecto actuacións na lagoa da Frouxeira a FaceBookEnvia ADEGA solicita a Costas a retirada do proxecto actuacións na lagoa da Frouxeira a Twitter

valdovio__lago.2009_1Valdoviño, 29 de agosto de 2011. ADEGA pide a retirada do conxunto de actuacións previstas na contorna da Lagoa da Frouxeira (Valdoviño) por parte de Demarcación de Costas por ser un proxecto lesivo cos obxectivos de conservación dun dos ecosistemas litorais de maior singularidade e diversidade de Galiza. A Frouxeira ten cinco figuras de protección de espazos naturais segundo a lexislación galega, estatal europea e internacional. Alén dos paseos marítimos, aparcadoiros e zonas axardinadas previstas poñerase en perigo a conservación de hábitats prioritarios. Engadido ao anterior as actuacións de "humanización" teñen un orzamento de seis de millóns de euros, un gasto inútil e pouco acorde coa cacarexada austeridade no gasto público. Información adicional: Nota de prensa Valdoviño-Frouxeira

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Presentadas alegacións ao proxecto urbanístico de Mugardos para "legalizar" o chan da planta de gas. PDF Imprimir Correo-e
Envia Presentadas alegacións ao proxecto urbanístico de Mugardos para "legalizar" o chan da planta de gas. a FaceBookEnvia Presentadas alegacións ao proxecto urbanístico de Mugardos para "legalizar" o chan da planta de gas. a Twitter

planta_de_gas.2009Ferrol 20.8.2011. Presentadas alegacións a “La modificación puntual de los espacios y usos portuarios del puerto y Ría de Ferrol para afectación de porciones de terreno en Punta Promontorio(Mugardos. Coruña)” Asinadas por Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, A. VV. O Cruceiro de Mehá, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán e ADEGA  por constituir unha moi grave infracción da Ley de Costas, e por ser unha maniobra “a posteriori” para legalizar a concesión ilegal de terreos para a planta de gas de Mugardos.

Alegacions completas anexas: Alegacions_proxecto_recalificar_terreo_Reganosa._Mugardos._Adega.2011.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Mercadiño do Troco. Ferrol. Nova edición en agosto PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercadiño do Troco. Ferrol. Nova edición en  agosto a FaceBookEnvia Mercadiño do Troco. Ferrol. Nova edición en  agosto a Twitter

Mercadio_Troco_Ferrol.2010Ferrol 21.8.2011. Mercadiño de Troco en Ferrol. Celebrose na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco, pese á choiva e con menor asistencia de público que en anteriores edicións do mercadiño. Especial o traballo realizado por Elena, Danae e Noelia para levar adiante esta iniciativa. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional:   http://trocaferrol.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Movilizacións para a defensa do Parque e Fonte da Ranita (Ferrol) PDF Imprimir Correo-e
Envia Movilizacións para a defensa do Parque e Fonte da Ranita (Ferrol) a FaceBookEnvia Movilizacións para a defensa do Parque e Fonte da Ranita (Ferrol) a Twitter

praza.ranita.2011Ferrol 17.8.2011. Diversos personalidades, políticos , colectivos (entre eles Adega,..) cidadanía en xeral, movilizamo-nos a prol da  salvación do Xardín e Fonte da Ranita(Ferrol) onde a la Confederación Hidrográfica Miño-Sil  prevee construir un “tanque de tormentas “ dentro do plano de afluencias á depuradora de Ferrol.  As edificacións propostas afectarían a catro bens de interese cultural situados na contorna: o Arsenal Militar, o baluarte de San o propio barrio de Ferrol Vello e a Torre Antiga, ademáis do impacto ao eliminar tal Xardin e a Fonte.

Información adicional:

http://urbanismopatasarriba.blogspot.com/2011/07/cruzada-vecinal-para-salvar-la-unica.html

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Paralizado po-la Xustiza o proxecto de urbanizar a Fraga de Menáncaro(Ferrol) PDF Imprimir Correo-e
Envia Paralizado po-la Xustiza o proxecto de urbanizar a Fraga de Menáncaro(Ferrol) a FaceBookEnvia Paralizado po-la Xustiza o proxecto de urbanizar a Fraga de Menáncaro(Ferrol) a Twitter

menncaro.bis.2009Ferrol 9.7.2011. Fraga de Menáncaro (Ferrol). O Tribunal Supremo confirmou, a anulación do Proxecto de Urbanización na Fraga de Menáncaro (Ferrol), onde, se pretendían a construción, en plena Fraga de Menáncaro, de 69 Chalets e un hotel de luxo.

Tras moitos anos de loita de entidades ecoloxistas, outros colectivos e veciñanza [ADEGA, SGHN , Verdegaia ,Greenpeace Comunidade Menáncaro, Colectivo Artabra 21, EU, Xoaninha, …] ,unha sentenza do Tribunal Supremo reforza a proteción integral da Fraga de Menáncaro.A Sala Terceira do Tribunal Supremo do Contencioso-Administrativo, ven confirmar a Sentenza do TSXG 01131/2009 (1) , que xa ditara -o 5 de Novembro de 2009, a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG, que se pronunciara, a favor da veciñanza de Menáncaro, estimando o seu Recurso contra Acordo Plenario do Concello de Ferrol do 20 de Abril de 2007, no que se aprobou "definitivamente" o Plano de Sectorialización de Menáncaro, anulando deste xeito o ilegal acto administrativo por ser contrario a dereito.

A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.

A Fraga é unha mostra de bosque potencial desenvolvido, prácticamente desaparecido noutras zonas de Ferrol. Un dos principais valores é a súa singularidade, dada a case ausencia de formacións de carballeiras en Ferrol. O habitat natural de Menáncaro, a protexer, está formado por un bosque ripario que ocupa as marxes do río, unha zona da carballeira que se imbrica coa aliseda riparia e zonas de prado húmido nas marxes do bosque ripario.

O seu bosque ripario de grande singularidade é valor foi parcialmente talado, de forma ilegal por dúas veces: a primeira vez en 2001, pola agora empresa promotora da urbanización SAT Agropino, de Amando Romero Castrillón; e a segunda vez por unha actuación de Fenosa, empresa coa que se chegou a un acordo para que fixera unha serie de actuacións, que xa están en marcha, para preservar a Fraga no seu conxunto.

Este é un dos maiores éxitos ecoloxistas na comarca.

Información adicional e completa: http://menancaro.blogspot.com/2011/07/o-supremo-dita-sentanza-firme-contra-o.html

(1) Sentencia.Menancaro.2011.TSXG.pdf

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
5ª Marcha reivindicativa Ferrol-Mugardos contra a plata de gas de Mugardos. PDF Imprimir Correo-e
Envia 5ª Marcha reivindicativa Ferrol-Mugardos contra a plata de gas de Mugardos. a FaceBookEnvia 5ª Marcha reivindicativa Ferrol-Mugardos contra a plata de gas de Mugardos. a Twitter

5_marcha_reivindicativa_a_Mugardos.2011Ferrol-Mugardos. 22.7.2011. Convocada a 5ª Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, marcha reivindicativa de rexeitamento á localización dunha Planta de Gas en Mugardos no interior da nosa Ría convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e apoiados po-los colectivos da Asemblea Cidadá (Fuco Buxán,…..Adega,….) . Saída as 17 hs dende o Parque Carmelo Teixeiro en Caranza(Ferrol). Percorrido Ferro-Fene-Mugardos.  A marcha será recibida tres horas máis tarde na Praza do Mercado de Mugardos, polos veciños daquel concello, onde tras as intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta dá A. VV.”O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rdgz. Carballeira, Coordinador do Comité, a música e a merenda animarán aos participantes nun espazo de grata convivencia. Información adicional: http://cociudem.wordpress.com e Humberto Fidalgo: 666175501

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 29

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA