Adega
INICIO Novas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Novas de ADEGA-Ferrolterra


A Xunta manda á Rede Natura o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante da súa piscifatoría PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta manda á Rede Natura o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante da súa piscifatoría a FaceBookEnvia A Xunta manda á Rede Natura o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante da súa piscifatoría a Twitter

Ferrol8 de novembro de 2011. A consellaría do Mar acaba de facer público o borrador da orde para a "reinstalación" dos bivalvos contaminados provintes de zonas "C" noutros lugares da costa. Resulta que as dúas ubicacións propostas, a ría de Ferrol e a enseada de Aldán, forman parte da Rede Natura 2000 debido á excepcionalidade e riqueza do seu medio mariño. Despois de que Feijóo fixera caso de Pescanova e rexeitara instalar as bateas de moluscos fronte á piscifatoría da empresa en Morás (Xove), malia a que a orde xa fora publidada no DOG, agora a Xunta pretende trasladar o marisco tóxico... aos espazos protexidos! Foi outro vergoñento episodio de chantaxe corporativa e o que é máis grave, de submisión dunha administración aos intereses empresariais. Non sería millor que a Xunta tomara en serio o saneamento das rías en troques de andar mareando o marisco tóxico?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Denunciadas tarefas de "limpeza" no río Xubia, con maquinaria pesada e alto impacto ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Denunciadas tarefas de "limpeza" no río Xubia, con maquinaria pesada e alto impacto ambiental a FaceBookEnvia Denunciadas tarefas de "limpeza" no río Xubia, con maquinaria pesada e alto impacto ambiental a Twitter

Rio_Xuvia._2011._Denuncia_Adega_actuacins_XuntaFerrol 21.10.2011. Dende Adega denunciamos as “tarefas de limpeza” autorizadas pola Administración e que se desenvolven na canle do río Xuvia, para as que se emprega maquinaria pesada, que altera as marxes e o leito fluvial. Tal actuación ten gran impacto sobre bosques de ribeira, talla de ameneiros, afectación de ameneirais,promove as enfirmadades por fungus patóxenos,etc,etc.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Apoio ás reinvidacións dos mariscadores po-la depuración e conservación da ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Apoio ás reinvidacións dos mariscadores po-la depuración e conservación da ría de Ferrol a FaceBookEnvia Apoio ás reinvidacións dos mariscadores po-la depuración e conservación da ría de Ferrol a Twitter

Mariscadores._Bicis.2011Ferrol 18.10.2011. Adega , na bisbarra de Ferrol, apoia as reivindicacións dos mariscadores de Ferrol e Fene polos seus dereitos e pola preservación mediambiental da ría de Ferrol. Membros de Adega participaron en actividades como a acampada diante da Xunta, a marcha ciclista reivindicativa,etc. Foto: D. Ferrol

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Proxecto Ríos nas comarcas Ferrol-Eume-Ortegal PDF Imprimir Correo-e
Envia Proxecto Ríos nas comarcas Ferrol-Eume-Ortegal a FaceBookEnvia Proxecto Ríos nas comarcas Ferrol-Eume-Ortegal a Twitter

rio_belelle.2009Proxecto Rios nas comarcas Ferrol, Eume e Ortegal 8.10.2011. Feita limpeza de ríos na xornada do dia 2.10.2011 nos concellos de Fene, San Sadurniño, Mañón,etc con diversos colectivos colaboradores (ver http://proxectorios.org/)  e remata na nosa comarca en Neda o 8.10.2011, coa limpeza na confluencia dos rios Belelle e Xuvia. Coordena asociación Néboa. María Ruán, teléfono é 646 156 421/981 347 690  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , participa e colabora Adega. Punto de encontro: atrio da igrexa de Santa María- á beira da estrada principal que atravesa Neda- ás 16:00 do sábado 8 de outubro

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Perigo medioambiental po-la acumulación de centos de miles de toneladas potencialmente contaminante PDF Imprimir Correo-e
Envia Perigo medioambiental po-la acumulación de centos de miles de toneladas potencialmente contaminante a FaceBookEnvia Perigo medioambiental po-la acumulación de centos de miles de toneladas potencialmente contaminante a Twitter

Aridos._Rios_Baa.2011Ferrol 7.10.2011. Adega, na bisbarra de Ferrol, amosa a súa preocupación pola acumulación de centos de miles de toneladas de material asfáltico de dubidosa "inertidad" ambiental, e sen ningún tipo de contenerización nas inmediacións do río Baa e nas radas do porto exterior de Ferrol Fene pola empresa Manmer SL. Ao acúmulo do devandito material sen, na noso entender, as medidas protectoras suficientes ten alto risco de provocar verteduras, coas chuvias, na cauce fluvial do rio Baa e na propia ria de Ferrol.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Xunta e Ministerio "atallan" a lexislación ambiental e autorizan dragar a Rede Natura sen todos os informes preceitivos PDF Imprimir Correo-e
Envia Xunta e Ministerio "atallan" a lexislación ambiental e autorizan dragar a Rede Natura sen todos os informes preceitivos a FaceBookEnvia Xunta e Ministerio "atallan" a lexislación ambiental e autorizan dragar a Rede Natura sen todos os informes preceitivos a Twitter
Ferrol, 24 de outubro de 2011. Este pasado día 20 comezou o dragado dos fondos da ría de Ferrol, en plena Rede Natura 2000 (LIC Costa Ártabra). Trátase dun dos ecosistemas submariños máis interesantes e biodiversos de Galiza nos que frecuentemente aparecen novas especies. Porén, a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) favorábel feita polo ministerio de M.A.R.M carecía inicialmente do preceitivo informe da D. X. de Conservación da Natureza. Deste xeito, unha agresiva intervención sobre un espazo protexido comezouse a desenvolver de xeito alegal. Se as administracións responsábeis omiten o cumprimento dos procedementos e prazos fixados nas leis ambientais, como van garantir a protección noso patrimonio natural?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 29

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA