|
Narón 5.6.2011. Dentro das actividades do Dia Mundial do Medioambiente organizadas no Concello de Narón, o representante de ADEGA, Suso Oca impartiu unha charla-coloquio sobre "O futuro do medioambiente". Complementariamente fíxose unha exposición sobre "Reduce, reutiliza e recicla" no centro Euxa de Narón |
|
Ferrol 4.6.2011. Dia mundial do Medioambiente. Porto de Ferrol. Convocado po-lo Comité de Emerxencias Ria de Ferrol, e apoiado por diversos colectivos (Fuco Buxán, .....Adega,....): Exposición de muráis e marcha reivindicativa. Ás 11 horas no Porto de Ferrol EXPOSICIÓN DE MURAIS dos artistas: María Manuela, Miguel Anxo Varela, Leandro Lamas, Víctor Novás, Rafael Nadales, Suso Basterrechea, Carmen Martín, Eduardo Hermida, Ladislao da Regueira e gustavo Sequeiro, co lema: ¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA! As 12 hs.MARCHA REIVINDICATIVA DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTEdesde o Porto de Ferrol ao Parque Carmelo Teixeiro en Caranzaonde haberá xantar popular, poesía e música.
Información e imaxes da actividade: https://picasaweb.google.com/reganosa.ferrol/MarchaDoDiaMundialDoMedioambente2011#
http://cociudem.wordpress.com/
http://axendaaberta.blogspot.com/
|
Ferrol 4.6.2011. Praza do Inferniño(Ferrol) as 11 hs . Marcha ciclista "Masa Crítica" Promovida e apoiada por diversos colectivos (Bicilab, Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Xoaninha, etc). |
Valdoviño. 28.5.2011 Adega posiciónase contra a construcción dun parque eólico na zona de “Os Penidos”. Valdoviño , anexo a zonas ZEPA, LICs,etc, e con importante impacto na fauna, e a paisaxe. |
Ferrol, 29 de Maio de 2011. A delegación de Ferrol organiza unha visita guiada á Estación de Bioloxía Mariña da Graña.
O roteiro comezará as 10h no Peirao de Curuxeiras (onde atraca a Lancha de Mugardos) e fará un percorrido ata a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, pasando polos lugares da Graña, A Cabana e A Graña.
O obxectivo deste roteiro é chamar a atención sobre a problemática ambiental que existe no entorno da Malata-A Cabana-A Graña. Son moitas as agruesións que teñen sufrido estes barrios ferrolanos: o peirao carboeiro, as canalizacións da RSU, e a inminente construcción do acceso ferroviario ao porto exterior son algúns deles. ADEGA prentende con este acto amosarlle á cidadanía a gran degradación á que está sometido esta zona de grande valor ecolóxico.
O roteiro remata cunha visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña, un centro de investigación dependente da universidade de Santiago de Compostela, adicado á investigación dos fondos da Ría de Ferrol. Este centro ten sido nos últimos anos un dos máis destacados na investigación mariña tanto dos fondos litorais como dos abisais.
Trptico_EBMG-USC.pdf
http://www.ferrol.es/90-50axenda_ampliar.aspx?id=26 |
Ferrol 7.5.2011. Praza do Inferniño(Ferrol) as 11 hs . Marcha ciclista "Masa Crítica" Promovida e apoiada por diversos colectivos (Bicilab, Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Xoaninha, etc). |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 17 de 29 |