|
Valdoviño, 30 de xaneiro de 2012. Os recentes feitos acontecidos na lagoa da Frouxeira, que esta mañán desaugábase de xeito "espontáneo" pola acción do océano e dos bulldozers mentres a Xunta teimaba en construir unha canle artificial noutro punto, reflicten perfectamente á actuación da administración neste caso: Improvisación, incompetencia, a chafallada como norma, ocultación de información, falta de respecto polas leis e o Parlamento... Nas vésperas do Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro), a Xunta está a ofrecer ao mundo un pésimo exemplo de xestión destes sensibles ecosistemas e retrátase como o principal factor para a degradación dos nosos humidais. Así as cousas, e como xa reclamara a 36 Asemblea de ADEGA hai unhas semanas, Feijóo debería considerar a supresión da Dirección Xeral de Conservación e o cese dos seus responsábeis: cando menos as desfeitas que provoquen non se pagarán con cartos públicos.
|
Ler máis...
|
|
26 de xaneiro de 2012. As brutais obras para o "baleirado controlado" que están sendo perpetradas pola Xunta na lagoa da Frouxeira, Humidal de Importancia Internacional, LIC, ZEPA e ZEPVN, constitúen un auténtico atentado ecolóxico. Como é posíbel que unha administración, supostamente responsábel deste espazo, poida desentenderse durante 2 anos da súa xestión, incumprindo as súas obrigas de conservación sinaladas nun acordo unánime polo Parlamento, cando foi pola súa neglixencia que a lagoa sufíu as consecuencias? Como pode entenderse que para solucionar un problema creado pola súa incompetencia, agora a Xunta volte meter as escavadoras neste espazo protexido? Perante estes feitos, ADEGA apela ás instancias internacionais titoras do espazo, á oficina Ramsar e á Comisión Europea, para que miren pola conservación deste humidal, patrimonio natural galego, europeo e mundial, que nestes intres está sendo agredido pola Xunta.
|
Ler máis...
|
Ferrol 18. 1.2012. O programa de ADEGA na radio, "O Souto", en Radio Filispim, e levado por Nés Lópes, presidente de ADEGA na comarca de Ferrol, volve de novo neste ano 2012, e xa están dispoñible na rede : http://osoutodeadega.blogspot.com/ e con enlaces a programas previos emitidos. Estades todos/as convidados a participar. |
Ferrol 16.1.2012. Participación de ADEGA no programa do Canal "Cuatro"de TV sobre “A contaminación na ría de Ferrol”. O secretario de ADEGA en Ferrol, Serxio Perille, participou na reportaxe da TV-4 sobre a contaminación na ría de Ferrol. "Falamos dous continuos adiamentos na construción dás depuradoras, que tingan que estar listo ou 21 de decembro de 2000 e que agora, segundo vos últimos prazos que se deron, non estará antes de 2018", comentou Serxio. Ademais este incumprimento se debe a que " vos cartos que se tinga que destinar ás depuradoras gastáronse en construír paseos marítimos con palmeiras". Serxio comentou que o equipo de "Diario de... " quedouse sorprendido polo estado da ría e ao saber que "máis do 80% dás zonas C de España están en Galicia", cando sempre pensaron, como moita xente, que a contaminación non Mediterráneo era máis grave,". Enlace ao programa:
http://www.mitele.es/programas-tv/diario-de/temporada-1/programa-101/ |
Ferrol 15.1.2012. Primer Mercadiño do de Troco en Ferrol no 2012. . Levada a cabo a primeira edición do ano de mercadiño de troco. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboramos diversos colectivos (Cooperativa Xoaninha , SGHN, Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. http://trocaferrol.org. Nesta ocasión ademáis tivemos a oportunidad de presentar a campaña de “Merca de Terra” http://eiradaxoana.blogaliza.org |
27 de decembro de 2011. Diante das enchentes acontecidas na veciñanza da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, ADEGA denuncia que débense á nefasta xestión deste espazo por parte da administración con intervencións que nunca se deberon proxectar, autorizar, ou executar sen ter en conta a dinámica e a oscilación natural do humidal. Todo isto provocou unha acelerada degradación da lagoa convertida primeiro nunha chaira seca e logo, exposta á influencia directa do océano, nunha badía obturada que funciona coma un encoro. Diante disto, a Xunta incumpríu o compromiso asumido en 2010 a instancias do Parlamento Galego para a creación dun "plano de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”. Xogar a aprendiz de bruxo cos ecosistemas naturais trae estas consecuencias.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 11 de 29 |