Adega
INICIO Novas Paralizado po-la Xustiza o proxecto de urbanizar a Fraga de Menáncaro(Ferrol)

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Paralizado po-la Xustiza o proxecto de urbanizar a Fraga de Menáncaro(Ferrol) PDF Imprimir Correo-e
Envia Paralizado po-la Xustiza o proxecto de urbanizar a Fraga de Menáncaro(Ferrol) a FaceBookEnvia Paralizado po-la Xustiza o proxecto de urbanizar a Fraga de Menáncaro(Ferrol) a Twitter

menncaro.bis.2009Ferrol 9.7.2011. Fraga de Menáncaro (Ferrol). O Tribunal Supremo confirmou, a anulación do Proxecto de Urbanización na Fraga de Menáncaro (Ferrol), onde, se pretendían a construción, en plena Fraga de Menáncaro, de 69 Chalets e un hotel de luxo.

Tras moitos anos de loita de entidades ecoloxistas, outros colectivos e veciñanza [ADEGA, SGHN , Verdegaia ,Greenpeace Comunidade Menáncaro, Colectivo Artabra 21, EU, Xoaninha, …] ,unha sentenza do Tribunal Supremo reforza a proteción integral da Fraga de Menáncaro.A Sala Terceira do Tribunal Supremo do Contencioso-Administrativo, ven confirmar a Sentenza do TSXG 01131/2009 (1) , que xa ditara -o 5 de Novembro de 2009, a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG, que se pronunciara, a favor da veciñanza de Menáncaro, estimando o seu Recurso contra Acordo Plenario do Concello de Ferrol do 20 de Abril de 2007, no que se aprobou "definitivamente" o Plano de Sectorialización de Menáncaro, anulando deste xeito o ilegal acto administrativo por ser contrario a dereito.

A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.

A Fraga é unha mostra de bosque potencial desenvolvido, prácticamente desaparecido noutras zonas de Ferrol. Un dos principais valores é a súa singularidade, dada a case ausencia de formacións de carballeiras en Ferrol. O habitat natural de Menáncaro, a protexer, está formado por un bosque ripario que ocupa as marxes do río, unha zona da carballeira que se imbrica coa aliseda riparia e zonas de prado húmido nas marxes do bosque ripario.

O seu bosque ripario de grande singularidade é valor foi parcialmente talado, de forma ilegal por dúas veces: a primeira vez en 2001, pola agora empresa promotora da urbanización SAT Agropino, de Amando Romero Castrillón; e a segunda vez por unha actuación de Fenosa, empresa coa que se chegou a un acordo para que fixera unha serie de actuacións, que xa están en marcha, para preservar a Fraga no seu conxunto.

Este é un dos maiores éxitos ecoloxistas na comarca.

Información adicional e completa: http://menancaro.blogspot.com/2011/07/o-supremo-dita-sentanza-firme-contra-o.html

(1) Sentencia.Menancaro.2011.TSXG.pdf

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA