Ferrol 21.8.2011. Mercadiño de Troco en Ferrol. Celebrose na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco, pese á choiva e con menor asistencia de público que en anteriores edicións do mercadiño. Especial o traballo realizado por Elena, Danae e Noelia para levar adiante esta iniciativa. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional: http://trocaferrol.org
|