|
Ferrol 6.5.2011. Praza de Amboaxe. 20 hs . Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado (nesta ocasión o “LNG Finima”) cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión na Praza de Amboaxe en Ferrol. |
|
Valdoviño (Ferrolterra). 25.4.2011. ADEGA na comarca de Ferrolterra, remitiu nova de prensa aos medios denunciando, o estado de abandono do humidal da Frouxeira (Valdoviño) desde o baleirado realizado na lagoa en decembro do 2009 pola Consellería do Medio Rural e que a deixou nun moi mal estado de conservación. Esta lagoa mantivo nos últimos 16 meses unha dinámica de claro desequilibrio ecolóxico, sen apenas auga e sufrindo as dunas que a separan do mar unha forte erosión e a consecuente destrucción. Lagoa_Valdovio_Frouxeira._Nota_prensa.abril.2011.doc bytes |
12.4.2011 . ADEGA Ferrol amplía á súa solicitude á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo cara á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa ameazado polo proxecto dun polígono industrial.
ADEGA na comarca de Ferrol remitiu á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ampliación da petición previa na que insta á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa, que considera veriase gravemente afectado polo proxecto de polígono industrial que está previsto desenvolver nesta zona, e máxime cando a propia administración determina que non hai demanda de chan industrial e hai chan baleiro nos polígonos adxacentes.
Dende ADEGA apuntamos que esta paraxe é un dos mellores conservados do interior do municipio ferrolano e que, de levarse a cabo a anunciada iniciativa, provocaría importantes danos na fauna da zona. Entre ela atópanse máis de corenta especies de mamíferos, reptiles, aves, peixes e anfibios que, quedarían englobados dentro das directivas comunitarias Hábitats e Aves, etiquetadas como de interese especial ou vulnerables. As obras traerían consigo tamén, engade a asociación, severos problemas para os bosques de ribeira da zona, a Fraga dá Pega, a comunidade de Ripsilvas, etc. O sistema fluvial veríase así mesmo afectado -en concreto os regatos de Leixa e Fonteiroa-. CARTA_COMISION_EUROPEA. |
Fene 17.4.2011. 16,30 hs. A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre(Fene) , organiza o domingo 17 de abril, ás 16:30 un acto de convivencia no monte comunal de Marraxón cunha plantación popular de acivros.Asemade, reforestarase, tamén de xeito popular, un anaco de monte que queda por repoboar. O acto é aberto, libre e gratuito para todas as persoas, e de todas as idades. Haberá que ir equipado coa vestimenta e ferramenta adecuada para a ocasión, e decir, non levar o traxe dos domingos, e levar algunha pa ou un sacho para facer os furados. Quén queira traer os seus propios acibros para plantalos, pode e debe facelo. Organiza:Comunidade de Montes de Marraxón. Colabora:. ADEGA-Ferrolterra, A.VV. de Sillobre, A.VV Santo Samarco, S.C.R.D Agarimo
Información adicional: Xavi, directivo de Adega Ferrol
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, |
Domingo 17.4.2011. Mercadiño de Troco en Ferrol. Celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 11-14 hs. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (ADEGA, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional: http://trocaferrol.org |
Ferrol 9.4.2011. ADEGA na comarca de Ferrol, representada po-lo seu propio presidente Nés Lópes e do compañeiro José R Permuy presentaron queixa diante do Concello de Ferrol polas obras de “acondicionamento” do río Inxerto e a destrucción de varias fontes de drenaxe ao río, e tra-lo resultado intructuoso dos contactos cós concelleiros pertinentes foi apresentada denuncia diante do Seprona... |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 18 de 29 |