A Coruña, 22 de novembro de 2010. A denuncia interposta pola asociación veciñal O Noso Burgo, A Confraría d'A Coruña e ADEGA pola ampliación de Alvedro foi admitida a trámite pola fiscalía especializada en asuntos medioambientais do TSXG. Os colectivos denunciantes vímonos na obriga de acudir á xustiza debido ao estado de indefensión no que ficamos fronte a administración, que nen sequera molestouse en contestar ás alegacións feitas fai xa case dous anos. A denuncia fai especial fincapé no feito de que o Ministerio de Medio Ambiente tivera que pedirlle até tres veces unha verdadeira xustificación da obra ao promotor, neste caso AENA, que alén de non dar resposta, aprobou finalmente o proxecto.
|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 10 de Novembro.ADEGA felicita ao concello pola iniciativa de ampliar o carril bici que se está levando a cabo, e insta a unir o tramo de Orzan-Riazor para darlle unha utilidade real máis alá do lecer. Nos últimos anos pódese observar un notable aumentou do uso da bicicleta entre os coruñeses, xa que agora igual que en outras cidades europeas onde a cultura da bici esta máis arraigada pódese ver como a xente a usa por diversos motivos: por pracer, como medio de transporte para ir a traballar, para ir a tomar algo cos amigos.. Vendo que a sociedade vai evolucionando nesta nova alternativa ao coche, o concello ten que estar a altura e proporcionar as infraestruturas necesarias.
|
Ler máis...
|
A Coruña, 13 de outubro de 2010. O proxecto da ampliación de Alvedro, apesar de que xa conta coa Declaración de Impacto Ambiental, ten aínda no aire moitas cousas. Non recolle, por exemplo, unha "alternativa cero", descoñécese a súa verdeira pegada sonora e outros os transtornos que se lle vai a ocasionar á veciñanza durante os anos que dure o proxecto, as incoherencias co Plano Director, o porqué da prioridade desta obra frente a outras da comarca (como se puido ver nos orzamentos do estado), os efectos sobre a xa maltreita Ría do Burgo... En definitiva, falta saber cal é a xustificación real deste proxecto que según o estudo preliminar ten un impacto social, cultural e medioambiental severo.
|
Ler máis...
|
O sábado 9 de outubro vaise organizar dende o Proxecto Ríos unha limpeza simúltanea dos ríos galegos. O coidado e o respecto pola contorna farían innecesarias nun futuro actividades como esta, de aí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.
Así que o vindeiro sábado, día 9 de outubro do 2010,ADEGA -A Coruña ten previsto realizar unha limpeza do lixo acumulado na riveira do río Mandeo. Para tal fin quedamos ás 11:00 horas, na fonte da praza da feira de Betanzos.
Contacto: Amancio Sotillo 678799376
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 8 |