Adega
INICIO Novas ADEGA insta ao concello a apliar o carril bici no treito Riazor-Orzán
ADEGA insta ao concello a apliar o carril bici no treito Riazor-Orzán PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA insta ao concello a apliar o carril bici no treito Riazor-Orzán a FaceBookEnvia ADEGA insta ao concello a apliar o carril bici no treito Riazor-Orzán a Twitter
ciclistaA Coruña, 10 de Novembro.ADEGA felicita ao concello pola iniciativa de ampliar o carril bici que se está levando a cabo, e insta a unir o tramo de Orzan-Riazor para darlle unha utilidade real máis alá do lecer. Nos últimos anos pódese observar un notable aumentou do uso da bicicleta entre os coruñeses, xa que agora igual que en outras cidades europeas onde a cultura da bici esta máis arraigada pódese ver como a xente a usa por diversos motivos: por pracer, como medio de transporte para ir a traballar, para ir a tomar algo cos amigos.. Vendo que a sociedade vai evolucionando nesta nova alternativa ao coche, o concello ten que estar a altura e proporcionar as infraestruturas necesarias.

Como puidemos ver estas semanas polo paseo marítimo xa se están iniciando as obras para equipar co carril bici algunhas zonas onde aínda non hai,  mais lamentablemente non é en todo o paseo marítimo, xa que a zona de Riazor a Orzán vai ficar sen el porque  din que non hai espazo. Dende ADEGA pensamos que si habería espacio suficiente, sen llo quitar  á estrada nin aos peóns, se o concello tomara a valente decisión de eliminar a deficitaria obra do Tranvía, obra que a día de hoxe non aportou nada á cidade máis que un gasto elevado e constante de mantemento e unhas fotos bonitas. A lóxica desta obra respondía tan só aos caprichos do anterior rexedor, e xa que nunca polo de agora demostrou a máis mínima utilidade (aos 'autóctonos' non lles reporta ningunha utilidade e non o usan, e os poucos turistas que o collen unha vez non xeran suficientes ingresos nin para mantelo), semella bastante razoable poñer no seu lugar o carril bici, que si ofrecería un medio de transporte limpo e eficiente que axudaría a desconxestionar a cidade e que a propia sociedade reclama.

 

Os cartos que se puideran aforrar cada ano ao suprimir o tranvía permitirían ir aumentando pouco a pouco o carril bici en toda a cidade, non só polo paseo marítimo, senón facendo unha rede destas infraestruturas comunicando máis barrios a través do pedal, dándolle máis seguridade ao usuario deste tipo de transporte, integrando totalmente a bici na vida urbana e reforzando as políticas de mobilidade e de desenrolo sostible.

En ADEGA gustaríanos salientar o traballo que está facendo o Concello co servizo de préstamos de bicicletas que se inaugurou no ano 2009, que cada día máis xente de todas as idades usa na súa vida cotiá e que exerce un efecto positivo na normalización deste trasporte limpo, rápido e saudable. Ademais este sistema permite usar a bici dunha maneira diferente a que se fóra a propia, xa que se por exemplo se chove a xente pode deixala noutra parada e coller o bus.

Por outro lado, a ADEGA chegan ás veces queixas de usuarios que utilizan a beirarrúa para se desprazar nalgúns puntos nos que a estrada adoita ser perigoso, e que reciben críticas e ata insultos dalgúns peóns malia ter o suficiente espazo para que o uso peonil e o da bicicleta sexa compatible. Aquí aínda queda moito por avanzar comparado con outras cidades europeas onde o ciclista incluso ten máis preferencias que o peón, polo que neste senso ADEGA cre na necesidade de mellorar as opcións e levar a cabo campaña que promovan o respecto entre os viandantes, e por iso dende aquí insta ao Concello da Coruña a seguir traballando en prol da bicicleta como medio de transporte que nos pode levar cara unha cidade sostible, con medidas como a concienciación cidadá, a  ampliación do carril bici por toda a cidade e a proliferación das paradas do servizo público de bicicletas, facéndoo aínda máis aínda máis útil do que xa o é.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA