|
A Coruña, xuño 2013. Constituiuse na comarca da Coruña, a Plataforma en defensa do tren, co obextivo de parar o roubo que se está a cometer deste servizo necesario para a cidadanía e para o medio ambiente. ADEGA sumase a esta plataforma xa que vemos necesario que se manteñan os servizo actuais, e que se melloren liñas tanto en servizos como en frecuencias como podería ser a de Ferrol, A Coruña e que se paren estes recurtes aludindo a que como gastaron na liña do AVE agora teñen que recortar as liñas que ofrecen unha total vertebración do país. A plataforma elaborou o seguinte manifesto: POR UN TREN PÚBLICO E SOCIAL NA NOSA COMARCA
|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 10 de abril de 2013. O alcalde da Coruña vén de confirmar a realización da obra de ampliación de Alfonso Molina que suporá un novo carril en cada dirección entre os tramos de Ponte da Pedra e Palavea. A necesidade desta ampliación basease nun tráfico rodado duns 145.000 turismos diarios por dita vía. A pesar de que moitos políticos seguen empeñados en crer que simplemente mellorando as infraestructuras para o vehículo privado solucionan o problema do tráfico, a realidade pode ser distinta se non se planifica podendo pola contra e como sinalan como numerosos estudos, provocar un maior uso deste medio aumentando as retencións e problemas circulatorios e consecuentemente as emisións de CO2.
|
Ler máis...
|
A Coruña, 29 de marzo de 2013. Membros de ADEGA vimos de manter unha entrevista co concelleiro de residuos da Coruña, Enrique Luis de Salvador, para comunicarlle a necesidade de mellorar a participación cidadá na recollida selectiva e de acometer algúns cambios na xestión da planta de Nostián. Os resultados actuais da xestión do lixo no conxunto da Coruña e Consorcio das Mariñas distan moito dos obxectivos de reciclaxe fixados na actual normativa, e tamén dos acadados no ámbito do Barbanza, onde se aplica un modelo similar de recollida ao de Nostián. Mentres no Barbanza se recicla o 35% do lixo en 2011, Nostián abeira o 13%. Con todo, estes resultados son millores que os do sistema SOGAMA, que apenas recicla un 8%, e os empregos xerados por unidade de lixo tratada duplican aos de SOGAMA.
|
Ler máis...
|
Este 12 de decembro de 11:00 a 19:00h celebrarase na Facultade de económicas da UDC a III Feira da Sustentabilidade, co fin de achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas. Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer os xogos tradicionais. Un membro do Proxecto Fiare explicaranos en que consiste o proxecto da banca ética nunha charla-debate. E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco.
|
Ler máis...
|
20 de agosto de 2012. A Xunta ten a exposición pública o proxecto "Abastecimiento del área metropolitana de A Coruña a partir del lago artificial de la central de Meirama" (sic) (PDF 119MB) co que pretende "reforzar a capacidade de subministro" ante a demanda de auga da Coruña. Para iso, a Xunta quere "pinchar" a balsa mineira de Meirama e conectala co río Barcés, que desemboca no encoro de Cecebre mediante un túnel de 1,4 km. Isto é, conectar unha balsa mineira cun LIC da Rede Natura através dun río usado como sumidoiro. Máis aló da peregrina xustificación do proxecto (aforro e a eficiencia deberan ser prioritarias fronte a novas captacións) resulta curioso que a Xunta considere unha balsa mineira de augas ácidas pobres en osíxeno como unha infraestrutura de subministro. E máis aínda que para conectala ao río que pasa ao seu carón fagan un túnel de 1,4Km. A cuestión claréxase ao comprobarmos que o proxecto trae tamén da man unha minicentral: mais non era que o Plano Hidrolóxico desbotaba novos aproveitamentos hidroeléctricos nos nosos ríos? NOTICIA CENSURADA EN LVG
|
Ler máis...
|
30 de agosto de 2012. Un recente convenio asinado entre Augas de Galiza e o Concello da Coruña para a xestión e explotación do encoro de Cecebre, destapa o incumprimento continuado durante 40 anos das obrigas ambientais do concello e a connivencia da Xunta coas empresas hidroeléctricas. Mediante este convenio, o concello da Coruña financiará as obras de ampliación da captación de Cecebre e a cambio Augas cederalle a xestión do encoro. A Xunta acometerá tamén a construción dun "dispositivo de remonte" para cumprir coas condicións fixadas ao concello... en 1973! Isto significa que o concello da Coruña incumpríu a concesión de xeito continuado durante 40 anos ao manter "curtocircuitado" o Mero, perxudicando o seu estado ecolóxico. Alén disto, a auga que chegará de Meirama non só levará da man unha minicentral senon dúas: En Cecebre, hai unha concesión de 1998 a "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L.", empresa sen actividade até que en 2009 coincidindo co enchido da balsa de Meirama, "resucita" e apresenta o proxecto de explotación. Esta empresa, como revelou un xornal local, está participada maioritariamente pola familia da actual concelleira de Cultura de A Coruña, e ten o seu domicilio social na mesma ubicación que as ducias de empresas que montou Castro Valdivia, imputado na trama das minicentrais.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 7 |