O sábado 9 de outubro vaise organizar dende o Proxecto Ríos unha limpeza simúltanea dos ríos galegos. O coidado e o respecto pola contorna farían innecesarias nun futuro actividades como esta, de aí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.
Así que o vindeiro sábado, día 9 de outubro do 2010,ADEGA -A Coruña ten previsto realizar unha limpeza do lixo acumulado na riveira do río Mandeo. Para tal fin quedamos ás 11:00 horas, na fonte da praza da feira de Betanzos.
Contacto: Amancio Sotillo 678799376
|