Adega
INICIO Novas Palestra sobre a ampliación do aeroporto de Alvedro no Centro Social Caixanova d'A Coruña
Palestra sobre a ampliación do aeroporto de Alvedro no Centro Social Caixanova d'A Coruña PDF Imprimir Correo-e
Envia Palestra sobre a ampliación do aeroporto de Alvedro no Centro Social Caixanova d'A Coruña a FaceBookEnvia Palestra sobre a ampliación do aeroporto de Alvedro no Centro Social Caixanova d'A Coruña a Twitter

cartazALVA Coruña, 13 de outubro de 2010. O proxecto da ampliación de Alvedro, apesar de que xa conta coa Declaración de Impacto Ambiental, ten aínda no aire moitas cousas. Non recolle, por exemplo, unha "alternativa cero", descoñécese a súa verdeira pegada sonora e outros os transtornos que se lle vai a ocasionar á veciñanza durante os anos que dure o proxecto, as incoherencias co Plano Director, o porqué da prioridade desta obra frente a outras da comarca (como se puido ver nos orzamentos do estado), os efectos sobre a xa maltreita Ría do Burgo... En definitiva, falta saber cal é a xustificación real deste proxecto que según o estudo preliminar ten un impacto social, cultural e medioambiental severo.
Por iso en ADEGA-Coruña organizamos organizar unha palestra na Coruña para abrir un debate cidadá no que a xente teña a suficiente información para saber se este proxecto é realmente necesario, ou agocha un capricho ben en forma de notariedade de algún político, ben en forma de localismo ou incluso en forma de intereses económicos ocultos.
O evento terá lugar no Centro Social de Caixa Nova o xoves 14 de outubro ás 20:00 hora e contará ca presenza de Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, que dará a visión da asociación sobre este proxecto; tamén participará Xoán Antón Perez Lema, avogado e secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia entre novembro de 2007 e abril de 2009, que nos fará chegar as suas ideas sobre como xestionar o sistema aeropotuario galego, e por último estará un representante da Asociacion de Veciños Afectados pola Ampliación de Alvedro que faranos chegar a spostura dos veciños.
Ademáis proxectarase por primeira vez un vídeo documental na que diversos veciños do concello de Culleredo, entre eles o alcalde, o cura e un membro de ADEGA dan a súa opinión sobre a ampliación.

ALVEDRO: INVERSIÓN MILIONARIA PARA UNHA AMPLIACIÓN DE RENDIBILIDADE DUBIDOSA

Un artigo de Adela Figueroa, vogal de transportes de ADEGA

22 millóns de euros van ser investidas por Fomento para a ampliación do aeroporto de Alvedro. Esta obra está sendo contestada polo alcalde da localidade, por ecoloxistas e por diferentes grupos políticos.As alegacións que se fan son diversas: grave impacto ambiental debido á cantidade de toneladas de terras que están a ser movimentadas,  contaminación acústica, e grave afección social para os habitantes da zona.

A todo iso hai que acrecentar a contaminación asociada que levan as viaxes en avión nun momento en que se reclama unha forte diminución das emisións de CO2 á atmosfera , principal responsábel do Cambio Climático.

O combustíbel preciso, o petróleo, é finito e causante de graves accidentes ambientais (Prestige, Golfo de México) . Sabemos que as reservas de petróleo son limitadas e que poden estar no seu cénit ou teito. (É o momento a partir do cal cada ano se producirá menos petróleo. É un inevitable fenómeno xeolóxico).

22 millóns de euros para destruír o ambiente é moito diñeiro, nomeadamente nun momento de crise e o aeroporto de Lavacolla está a menos de 60 quilómetros de Alvedro.

Entretanto nada se escoita da electrificación dos caminhos de ferro na Galiza e da súa actualización.O aeroporto de Lavacolla debería de estar ligado con todas as capitais galegas por esta vía como acontece no resto de Europa e de España.

Lugo non ten unha comunicación de comboio coa capital da Galiza. O investimento necesario sería muito menor, pois bastaría cun enlace desde Curtis ( 37 quilómetros) da liña Lugo-A Coruña. Tamén non ten boas comunicacións ferroviarias có resto da Galiza. Este transporte, que é seguro, ecolóxico e barato está a ser esquecido pola cidadanía que non o esixe e polos gobernantes que non ven a súa rendibilidade en votos.

O diñeiro previsto para a ampliación tan cuestionada de Alvedro tería muito mellor emprego na adecuación dos camiños de ferro na Galiza aos novos tempos. Só na Galiza as vías férreas non están electrificadas. Só na Galiza a vía do AVE implica a destrución da antiga vía do tren tradicional como está a ser o caso da liña A Coruña-Vigo, deixando a inumeras poboacións intermedias sen servizo do único tren que funcionaba ben no País ( O tren do Pobo). No resto da España esto non acontece. Mantéñense as vías tradicionais alén do AVE.

As causas da grande crise na que nos meteron gobernantes e banqueiros están  na falta de administración dos recursos, incluído nestes o ambiente. A enerxía é un ben escaso mais imprescindíbel. Galiza produce máis do que consome. Coa nosa produción poderiamos ter os caminhos de ferro electrificados unindo as nosas vilas e compensando así a grave desintegración territorial que padecemos, nomeadamente Lugo é a grande esquecida. Existe unha grande inxustiza ambiental con Galiza, que produce enerxía a custo do seu patrimonio ambiental para ser gastada noutros lugares. Agora está de actualidade o problema do decreto do carbón, que sería motivo doutro artigo, mais que ten a ver coa mala planificación en materia de transportes e enerxía que ten o Estado español.

Desde a sensatez ADEGA reclama que o gasto previsto para Alvedro se aplique á electrificación das vías férreas galegas e a construción dun enlace entre Lugo e o aeroporto de Lavacolla , moito máis rendíbel, máis sustentábel e máis xusto.

Adela Figueroa Panisse, Vogal de Transportes de ADEGA

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA