30 de agosto de 2012. Un recente convenio asinado entre Augas de Galiza e o Concello da Coruña para a xestión e explotación do encoro de Cecebre, destapa o incumprimento continuado durante 40 anos das obrigas ambientais do concello e a connivencia da Xunta coas empresas hidroeléctricas. Mediante este convenio, o concello da Coruña financiará as obras de ampliación da captación de Cecebre e a cambio Augas cederalle a xestión do encoro. A Xunta acometerá tamén a construción dun "dispositivo de remonte" para cumprir coas condicións fixadas ao concello... en 1973! Isto significa que o concello da Coruña incumpríu a concesión de xeito continuado durante 40 anos ao manter "curtocircuitado" o Mero, perxudicando o seu estado ecolóxico. Alén disto, a auga que chegará de Meirama non só levará da man unha minicentral senon dúas: En Cecebre, hai unha concesión de 1998 a "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L.", empresa sen actividade até que en 2009 coincidindo co enchido da balsa de Meirama, "resucita" e apresenta o proxecto de explotación. Esta empresa, como revelou un xornal local, está participada maioritariamente pola familia da actual concelleira de Cultura de A Coruña, e ten o seu domicilio social na mesma ubicación que as ducias de empresas que montou Castro Valdivia, imputado na trama das minicentrais.

|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 27 de Maio de 2.012. O grupo de voluntariado da Coruña, do Proxecto Ríos, realizou a inspección de primaveira no tramo do río Sisalde, no Concello de Arteixo (A Coruña), que temos sinalado para estas inspeccións. Nuns poucos días teremos toda a información sobre os datos máis salientables da situación na que se atopa este tramo do río.
A vindeira cita, dentro desta campaña de inspección, faremola no outono deste ano. |
O pasado sábado día 24 de marzo celebrouse a asamblea comarcal de Adega Corunha. No acto, deuse lectura e aprbouse a acta da asamblea anterior, e presentáronse o informe de xestión e o informe de finanzas.Posteriormente fíxose un repaso das principales problemáticas abordadas ao longo destes dous anos (vídeo: https://vimeo.com/39217001) e marcouse o plano de actuación para este ano. Acordouse seguir na liña de realización de actividades no marco do Proxecto Ríos, en torno á ría do Burgo, a participación na Plataforma pola Mobilidade e outras actividades.
|
Ler máis...
|

O próximo mércores 8 de febreiro a Plataforma pola Mobilidade, da que ADEGA forma parte, vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.
O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!
Os grupos iranse actualizando no blog http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org/. Ao final, tod@s converxeremos na praza de Pontevedra onde terá lugar un pequeno acto. Ven e participa, entre tod@s faremos cidade! |
O pasado domingo 13 de novembro realizamos a inspección no río Sisalde, en Arteixo, no marco do Proxecto Ríos. Malia que o día comezou cun forte temporal que presaxiaba o peor, cara ás 11 da mañá foi abrindo e unha vez seleccionado o tramo do río puidemos realizar a análise hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica, e ademáis disfrutar dunha agradable mañá na que puidemos achegarnos ao río e aprender a coñecelo.
Deixámosvos aquí algunhas fotos da xornada:
https://picasaweb.google.com/104716198071398985108/ProxectoRios?authkey=Gv1sRgCPmv-ZuK45ufmQE
  
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 8 |