5 de decembro de 2011.No local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentouse o Manifesto Pola Mobilidade asinado por colectivos de distintos eidos da cidade da Coruña, como o veciñal,ecoloxista ou estudantil. No manifesto apóstase por un novo xeito de entender a mobilidade dando prioridade aos viandantes, bicicletas e transporte colectivo fronte o transporte particular. Tamén se fala da importancia da creación dunha mesa cidadá para a elaboración dun Plano de Mobilidade para toda a comarca.
Todas os grupos asinantes consideramos que o sistema que implantará o concello en sustitución do actual carril bus empeorará o tráfico e o transporte público na cidade, xa que entre outras cousas é unha chamada a cidadanía para que use o coche privado.
|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 23 de outubro de 2011. Este domingo 23 celebrouse a Iª travesía en piragua pola rexeneración da ría do Burgo. A xornada lúdico-reivindicativa comezou con alerta laranxa e fortes rachas de vento, o cal obrigou a cancelar a proba nas categorías popular e infantil pola seguridade dos participantes. Pero os padexeiros absolutos meterónse na ría deleitando ao numeroso púbrico asistente e demostrando a utilidade da ría como sitio de recreo e lugar de encontro. A boa acollida da iniciativa fai pensar nunha 2ª edición o próximo ano.
|
Ler máis...
|
ADEGA-Coruña organiza a primeira travesía en piragua pola ría do Burgo para reclamar a súa completa rexeneración e revalorización como ben común da comarca. Será o próximo domingo 23 de outubro ás 12:00 horas, na zona do Paseo Marítimo do Burgo, ao lado da ponte sobre a ría. O percorrido comezará e rematará na ponte que cruza a ría do Burgo. Existirán tres categorías: absoluta, infantil e popular. O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 20 de outubro e podes inscribirte a través do correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou ben chamando ao 696746862 e proporcionando o teu nome completo e DNI/NIF. A inscrición é necesaria aínda que traias a túa piragua, para facer un seguro. Este domingo 23, móllate pola ría!
|
Ler máis...
|
A Coruña, 03 de outubro de 2011.-A participación de ADEGA Coruña na IV Limpeza simultánea do Proxecto Ríos relizouse por primeira vez no río Bolaños, entre o centro urbán de Arteixo e o polígono de Sabón. A cantidade de lixo recollida foi sorpresivamente elevada, uns 500 kg. de lixo nos que predominaron plásticos, vidros, material de obra e incluso mobiliario do paseo fluvial, tamén se atopou unha gran cantidade de troitas mortas provocadas por un verquido. ADEGA Coruña pide á Xunta, e aos concellos da comarca que aceleren a posta en funcionamento da EDAR de Bens, así como que aseguren o bó funcionamento doutras como é o caso da de Sidalde. Demandan, así mesmo, que se exerza maior control e vixilancia contra o depósito ilegal de refugallos nas contornas fluviais e a posta en valor das súas cabeceiras.
|
Ler máis...
|
2 de Outubro de 2011. Unhas 2000 persoas de 30 colectivos diferentes, pertencentes a Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, entre as que se atopa ADEGA, déronse cita este domingo as 12 da mañá, para pedirlle tanto ao goberno central como ao da Xunta de Galiza que poñan plazo e excuten un plano para rexeneración da Ría do Burgo, onde só o 21 % da mesma é productivo. Mentras non o fagan, os lodos seguirán avanzando e faranlle un fraco favor a nosa ría. A manifestación rematou xusto onde se producirá o verquido de 37000 litros de queroseno un mes antes.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 8 |