Este 13 de agosto, lúa chea. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa propón realizar 7 mercados ecolóxicos todos os anos. A referenza do 7 é pola importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións. Antigamente mirábase para o ceo e determinábanse as épocas de traballo no campo polas constelacións que aparecían no firmamento. Hai dúas que fixan o comezo da primavera e con isto, das segas, das colleitas, e das navegacións polo mar. Orión e Tauro coas Pléiades na punta (grupo de 7 estrelas, as 7 cabuxiñas) visibles dende abril a outubro, durante 7 meses. Escolleron pois este periodo de fertilidade e de viaxe para realizaren tamén os mercados en Quilmas. Así que as datas do mercados non teñen perda, basta con ollar o ceo e seguir o ritmo das estrelas e da lúa chea... A vindeira, este 13 de agosto.
O vindeiro mercado terá lugar o sábado día 13 de agosto (lúa cheia) e verase complementado cunha xornada de interese cultural con roteiros e actividades (charlas, debates, proxeccións e música) o 14 de agosto.
PROGRAMA
Sábado 13 de Agosto Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade dende as 10:00h ata a tardiña, con parada para o xantar. Nova degustación dos tomates e o mel de Carnota. Música animosa durante todo o día. Diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable. Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais. Posibilidade de facer o xantar na feira, xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, pizzas, e outros produtos caseiros....
Domingo 14 de Agosto POLA MAÑÁ. Roteiro reivindicativo "POLA DEFENSA DA TERRA" no que faremos un percorrido pola costa de Quilmas, salientando todos os valores medioambientais, etnográficos e históricos a conservar. POLA TARDE. CINEFÓRUM - "O mundo según Monsanto", documental que denuncia a influencia negativa sobre a saúde e sobre o medio ambiente dos alimentos transxénicos e herbicidas, así coma suscita á reflexión sobre o presente da agricultura e o futuro das sementes. O debate posterior será guiado por Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA.
Se estades interesad@s en participar, podedes contactar através do correio electronico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou polo telefone: 697 364 124, 981 760 227. |