Adega
INICIO Áreas temáticas Transporte Que infraestruturas? Que desenvolvemento? O dilapido neoliberal
Que infraestruturas? Que desenvolvemento? O dilapido neoliberal PDF Imprimir Correo-e
Envia Que infraestruturas? Que desenvolvemento? O dilapido neoliberal a FaceBookEnvia Que infraestruturas? Que desenvolvemento? O dilapido neoliberal a Twitter

Ninguén dubida da asociazón entre desenvolvemento económico e infra-estrutura, nin de que o exame da distribución territorial do investimento nas mesmas pode ser un bo indicador do grao de discriminación positiva ou negativa dun territorio, aínda que non o único nin moito menos. Cómpre discutir que tipo de infra-estruturas son as máis acaídas en cada momento.

Sobre todo, debemos ter en conta que importancia relativa debe outorgárselle a elas dentro dunha estratexia de desenvolvemento económico, fronte a outros usos posíbeis dos recursos: impulso a actividades produtivas e de servizos que aproveiten máis intensivamente as infra-estruturas existentes; investimento en investigación, innovación e educación; investimento en actividades de previsión, asistencia e benestar social; impulso á creación cultural, etc. É dicir, cómpre cuestionarse: ¿en que medida ou proporción debemos concentrar os nosos esforzos en construír infra-estruturas?, ¿en que tipo delas facelo? e mesmo ¿como financialas e xestionalas?.

*Catedrático de Economía Aplicada da USC

Podes descargar o artigo completo en infraestruturas-XVence.pdf infraestruturas-XVence.pdf (53.12 KB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA