En outubro de 1998 o Parlamento Europeo aprobou unha resolución que establecía unha Carta de Dereitos do Peón.
Carta dos dereitos do peón (Resumo)
- 1. O peón ten dereito a vivir nun entorno san e a disfrutar libremente dos espacios públicos nas condicións que garantan axeitadamente o seu benestar físico e psicolóxico.
- 2. O peón en dereito a vivir en lugares (urbanos ou rurais) pensados para as necesidades daspersoas e non para as dos vehículos, e a dispoñer de servicios e equipamentos a unha distancia que se poda percorrer camiñando ou en bicicleta.
- 3. Os nenos, as persoas maiores e os discapacitados teñen dereito a que os entornos urbános sexan lugares que faciliten o contacto social e non lugares que agraven a súa propia situación de debilidade.
- 4. As persoas maiores con discapacidades teñen dereito a medidas específicas que melloren a súa mobilidade autónoma, como reformas nos espacios públicos, os sistemas de transporte e o transporte público (liñas guía, sinais de aviso, sinais acústicas, autobuses e vagóns de tren ou de tranvía accesibles).
- 5. O peón ten dereito a que determinadas zoas urbanas sexan para o seu uso exclusivo, o máis extensas posibles, e que non sexan simples “reservas peatonais”. Senón que estén relacionadas coa organización xeral da cidade, e tamén o dereito a que conecten itinerarioscurtos, lóxicos e seguros.
- 6. O peón ten dereito a reclamar, en particular:
- Que se teñan en conta os límites en canto a emisións de substancias e ruído considerados cientificamente tolerables.
- O emprego de medios de transporte públicos de vehículos que non sexan unha fonte de contaminación aérea ou acústica.
- Á creación de pulmóns verdes que inclúan a plantación de árbores nas áreas urbanas..
- Á fixación de límites de velocidade e que sexan modificadas a disposición das estradas e cruces como xeito de garantir a seguridade na circulación a pe ou en bicicleta.
- Á retirada de anuncios que animen ao emprego perigoso e inaxeitado dos vehículos de motor
- Un sistema de sinalización de tráfico eficaz cuxo deseño teña en conta as necesidades das persoas cegas e xordas.
- Á adopción de medidas específicas que aseguren que tanto o tráfico rodado como o peatonal teñan facilidade de acceso e liberdade de movementos.
- Á axustes no deseño dos vehículos de motor para dotalos dunhas aliñas máis suaves nas partes sobresaíntes, e facer máis eficientes os sistemas de sinalización.
- Á introducción dun sistema de responsabilidade ante o risco, de xeito que cada persoa que ocasione un perigo e os posibles accidentes carga coas consecuencias económicas derivadas.
|