Adega
INICIO Áreas temáticas Transporte Propostas de ADEGA no eido do transporte e a mobilidade
Propostas de ADEGA no eido do transporte e a mobilidade PDF Imprimir Correo-e
Envia Propostas de ADEGA no eido do transporte e a mobilidade a FaceBookEnvia Propostas de ADEGA no eido do transporte e a mobilidade a Twitter
Cómpre un cambio radical tanto da filosofía social como da aplicación práctica da mobilidade, tanto no súa utilización como nos medios empregados para levala a cabo. A creación de proximidade, evitando na medida do posíbel a necesidade de desprazamento debe conformar a base da planificación dunha Mobilidade sustentábel.

carrito.jpgADEGA defende as seguintes propostas:

  • Creación das condicións favorables para os desprazamentos non motorizados (camiñando ou en bicicleta). É necesario facilitar a súa combinación intermodal cos distintos medios de transporte público.

  • Potenciación dos medios de transporte público (autobús e tren convencional) até atinxir o 75% do transporte, o que suporía en todo o Estado español unha reducción do consumo enerxético do 46%, incrementando o seu atractivo mediante unha cobertura ampla tanto de liñas como de frecuencias, e cun prezoasequible.

  • Restricción da circulación e estacionamento do automóbil privado no centro urbano (reducción e encarecemento das prazas de apartamento, control efectivo e reducción dos límites de velocidade,...).

  • Establecer servizos mínimos de transporte público a municipios pequenos e zonas rurais.

  • Liberación do espacio viario para o seu uso polos vehículos de transporte colectivo.

  • A implantación da dobre vía e a electrificación das liñas de ferrocarril convencional, permitindo duplicar a velocidade, cunhos custos económicos, ecolóxicos e sociais verdadeiramente baixos en comparación cos que supón a implantación da alta velocidade estricta (velocidades superiores a 250 km/h), que en Galiza está proxectada para o tramo Santiago-Ourense).

  • A mellora dos planos de desenvolvemento urbanístico e de ordenación territorial co obxectivo de reducir a mobilidade forzada e posibilitar o desenvolvemento de alternativas ó transporte por estrada. É necesario crear proximidade e evitar o urbanismo de dispersión.

  • Promoción dunha utilización máis racional dos vehículos privados, mudando as normas e hábitos de conducción e reducindo as velocidades máximas (tráfego pacificado).

  • A concienciación persoal de cada un ante os problemas que conleva o transporte, contribuíndo na medida das nosas posibilidades a unha utilización racional deste.

Para defender estas propostas, ADEGA promove múltiples actividades: presentación de alegacións a proxectos de estradas, defensa de zonas de interese natural ameazadas por estradas, apoio á Plataforma Anti.-Vía Rápida do Morrazo, reivindicación da modernización adecuada dos camiños de ferro, edición dun ADEGA-Cadernos sobre medio ambiente e transporte, organización das xornadas “ O modelo de transporte a debate: consecuencias ambientais e sociais” , edición de carteis e trípticos, organización de actividades pola Semana da Mobilidade Europea, promotora e participante de plataformas pola mobilidade sostíbel en Ferrol, Santiago e A Coruña, etc...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA