Adega
INICIO Áreas temáticas Transporte
Transporte e Mobilidade
cochesdevoran.jpg
O conflicto entre o transporte masivo de persoas e mercadorías que caracteriza á sociedade contemporánea e o medio ambiente está acadando uns niveis imposíbeis de soportar. Os enormes custos ambientais, sociais e económicos (cambio climático, contaminación, impacto paixasístico, segregación espacial, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade, alta accidentalidade, elevados investimentos en construcción e mantemento de infraestructuras,... ) que este modelo conleva obrigan a unha reconversión ecolóxica do transporte.

As políticas de transportes en Galiza e no resto do Estado baséanse na priorización do automóbil, do AVE (entendendo como tal a alta velocidade estricta, superior a 250 Km/h) e do avión, os tres medios de transporte ambientalmente máis impactantes. O automóbil é o medio de transporte menos eficiente, necesitando por termo medio 6 litros de combustible para transportar unha persoa 100 quilómetros, seguido polo avión (algo menos de seis litros) e o AVE (cinco litros). Estes medios realizan o 75% do transporte de viaxeiros consumindo máis do 92% da enerxía. Son responsables de máis do 50% das emisións de axentes contaminantes. En Europa, a metade das viaxes motorizadas implican desprazamentos inferiores a 3 km. Nestas condicións, o consumo de enerxía e as emisións de CO2 increméntanse nun 60%

As solucións pasan entre outras pola diminución das necesidades de transporte e polo emprego dos modos de transporte menos contaminantes, priorizando xerarquicamente camiñar, bicicleta e transporte público colectivo.



Bicicleta e cidade: Integración da bicicleta na mobilidade urbana PDF Imprimir Correo-e
Envia Bicicleta e cidade: Integración da bicicleta na mobilidade urbana a FaceBookEnvia Bicicleta e cidade: Integración da bicicleta na mobilidade urbana a Twitter

Falar de bicicleta e cidade sitúanos rapidamente na idea da bici como medio de transporte urbano; aspecto este que froito do predominio do automóbil tense visto totalmente ignorado polas Administracións Públicas que, tanto nos seus Plans Urbanísticos como de Seguridade Vial e Tráfico, consideran ou tenden a considerar á bicicleta como un elemento de recreo, ocio ou estrictamente deportivo. Polo tanto, é imposible abordar o tema sen tratar outros aspectos da mobilidade na cidade.

Podes descargar o texto completo en bici_cidade.pdf bici_cidade.pdf (90.59 KB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 3


ADEGA