O conflicto entre o transporte masivo de persoas e mercadorías que caracteriza á sociedade contemporánea e o medio ambiente está acadando uns niveis imposíbeis de soportar. Os enormes custos ambientais, sociais e económicos (cambio climático, contaminación, impacto paixasístico, segregación espacial, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade, alta accidentalidade, elevados investimentos en construcción e mantemento de infraestructuras,... ) que este modelo conleva obrigan a unha reconversión ecolóxica do transporte.
As políticas de transportes en Galiza e no resto do Estado baséanse na priorización do automóbil, do AVE (entendendo como tal a alta velocidade estricta, superior a 250 Km/h) e do avión, os tres medios de transporte ambientalmente máis impactantes. O automóbil é o medio de transporte menos eficiente, necesitando por termo medio 6 litros de combustible para transportar unha persoa 100 quilómetros, seguido polo avión (algo menos de seis litros) e o AVE (cinco litros). Estes medios realizan o 75% do transporte de viaxeiros consumindo máis do 92% da enerxía. Son responsables de máis do 50% das emisións de axentes contaminantes. En Europa, a metade das viaxes motorizadas implican desprazamentos inferiores a 3 km. Nestas condicións, o consumo de enerxía e as emisións de CO2 increméntanse nun 60%
As solucións pasan entre outras pola diminución das necesidades de transporte e polo emprego dos modos de transporte menos contaminantes, priorizando xerarquicamente camiñar, bicicleta e transporte público colectivo.
|
|
O presente estudio é unha actualización en profundidade dun estudio anterior da UIC sobre efectos externos do transporte (INFRAS/IWW 2000). O seu obxecto é mellorar as bases empíricas dos custos externos do transporte, apoiándose no estado actual das metodoloxías de estimación de custos, reflictindo tamén estudos recentes sobre os custos externos do transporte a nivel europeo (especialmente UNITE).
Podes descargar o documento en External_costs_INFRAS-IWW.pdf (71.35 KB)
|
|
O transporte é o “núcleo duro” da crise ambiental. O modelo territorial, o mercado único e o desenvolvemento do turismo están provocando un crecemento moi forte do sector do transporte en toda Europa. Os modos de transporte que máis crecen son o transporte por estrada e o avión, que provocan elevados custos ecolóxicos (cambio climático, contaminación, deterioración e fragmentación de hábitats naturais,...), sociais (accidentes,...) e económicos (investimentos en infraestruturas, gastos sanitarios,...), custos claramente infravalorados pola maioría da sociedade.
|
Ler máis...
|
Nunha reunión que tivo lugar no Pazo de María Pita coruñés o 26 de xaneiro do 2003, o Consello de Ministros aprobou o denominado Plan Galicia para o “impulso e expansión de Galicia”. Un “Plan” impreciso (máis parece un programa electoral), feito ás presas sen diálogo e sen participación social, que procura ante todo un impacto mediático e propagandístico para conter o desgaste político dos gobernos Aznar e Fraga pola súa nefasta xestión no caso Prestige. Un Plan que representa unha nova marea destructora do noso ambiente, neste de cemento, formigón e asfalto. O mellor do Plan Galicia é a súa escasa credibilidade. O movemento ecoloxista non reclama a súa aplicación senón un novo Plan que promova un desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto.
|
Ler máis...
|
En maio de 2001, diferentes movementos e organizacións sociais coordenados en plataformas en defensa do ferrocarril e de oposición ao AVE aprobaron en Guadalajara un manifesto chamado "Tren si, AVE non" que serviu de referente reivindicativo aos devanditos grupos.
Este documento analisaba as consecuencias da política ferroviaria do goberno, manifestaba a súa total oposición ao AVE e formulaba unha serie de propostas alternativas a este modelo. Transcorridos 2 anos desde aquela xuntanza, distintas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e plataformas en defensa do ferrocarril volvémonos reunir en Valencia para analisar a situación actual e futura do ferrocarril.
|
Ler máis...
|
En outubro de 1998 o Parlamento Europeo aprobou unha resolución que establecía unha Carta de Dereitos do Peón.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 3 |