Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
A escopeta nacional: Juárez e Borregón autorizan a caza todo o ano PDF Imprimir Correo-e
Envia A escopeta nacional: Juárez e Borregón autorizan a caza todo o ano a FaceBookEnvia A escopeta nacional: Juárez e Borregón autorizan a caza todo o ano a Twitter
xabarinpum10 de setembro de 2010. A consellería de Medio Rural permitirá batidas de xabarín dende abril até xaneiro para "combater" os perxuízos desta especie. Dez meses de caza ao ano e máis de 20.000 batidas autorizadas de antemán que non precisarán acreditar danos. Nisto consiste a “caza preventiva”, un vello anceio dos cazadores máis cavernícolas que agora Conservación da Natureza vén de asumir. Tal proposta, inédita en calquera política ambiental seria, vai expulsar ou poñer en grave risco a integridade de todas as persoas que non sendo cazadores, frecuentamos o monte. Tamén causará graves danos a outras especies de fauna salvaxe, incluidas especies protexidas, que non terán o sosego necesario para se reproducir, ou cuxas crías serán devoradas polas xaurías dos cazadores. Con medidas coma esta, os responsábeis de Conservación da Natureza certifican unha vez máis a súa incompetencia para xestionar a biodiversidade galega: son o raposo a ter conta do galiñeiro!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA pregunta ao conselleiro Juárez onde está o PORN de Corrubedo licitado pola Xunta en 2007 PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pregunta ao conselleiro Juárez onde está o PORN de Corrubedo licitado pola Xunta en 2007 a FaceBookEnvia ADEGA pregunta ao conselleiro Juárez onde está o PORN de Corrubedo licitado pola Xunta en 2007 a Twitter

LIC-Corrubedo-mix1 de setembro de 2010. A intención da Xunta de meterlle man ao Parque Natural de Corrubedo através da redacción dun novo PORN, que segundo o conselleiro Juárez “satisfaría a importante demanda veciñal relacionada con cuestións construtivas, vale dicer os intereses político-especulativos do PP, bate coa realidade dos feitos: un novo PORN para o LIC de Corrubedo foi xa licitado (DOG nº 234, 5/12/2006), adxudicado (DOG  nº 102, 29/5/2007), redactado (28/12/2007), e ademais sometido a avaliación ambiental estratéxica (21/1/2008 –documento de inicio- e 11/6/2008 –documento de referenza-). Por que non aproban entón esta proposta? Que necesidade hai dun novo PORN? A resposta está... no cemento!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Parque natural de Corrubedo: a "solución final" do conselleiro PDF Imprimir Correo-e
Envia Parque natural de Corrubedo: a "solución final" do conselleiro a FaceBookEnvia Parque natural de Corrubedo: a "solución final" do conselleiro a Twitter
30 de agosto de 2010. As recentes declaracións do conseleiro de Medio Rural na súa visita ao Parque Natural de Corrubedo son algo máis que preocupantes: primeiro pola súa intención (aínda intención?!) de redactar un novo PORN consonte á Lei 42/2007 de Protección do Patrimonio Natural e a Biodiversidade; pero sobre todo pola súa pretensión de “adaptar” a normativa do parque á recente Lei do Solo 2/2010 coa intención de “satisfacer a importante demanda veciñal relacionada con cuestións construtivas na contorna do Parque”, para o que propón a redacción dun “plan especial urbanístico que defina en detalle o réxime de usos e que evite así o actual, lento e complicado trámite administrativo individualizado que debe seguir cada proposta urbanística”. Pois nada: no Ano Internacional da Biodiversidade, Juárez e García-Borregón receitan máis cemento e ladrillo para Corrubedo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Directrices de Ordeamento do Territorio (DOT): novos instrumentos para políticas caducas PDF Imprimir Correo-e
Envia Directrices de Ordeamento do Territorio (DOT): novos instrumentos para políticas caducas a FaceBookEnvia Directrices de Ordeamento do Territorio (DOT): novos instrumentos para políticas caducas a Twitter

toralla_1Compostela, 27 de agosto de 2010. ADEGA vén de apresentar Alegacións ás DOT (PDF 36 Kb), Directrices de Ordeamento do Territorio, o suposto novo marco para unha planificación territorial sustentábel, e que fronte á realidade actual das políticas públicas son xa papel mollado. Un feixe de determinacións que ficarán derramadas ao bater cunha realidade ben distinta: insubmisión normativa dos concellos, “flexibilización” da Lei do Solo, amnistías e convenios urbanísticos ad hoc, planos sectoriais agresivos, continua “deconstrución” da cativa rede de espazos protexidos…Unhas Directrices que renuncian a intervir sobre as principais causas e consecuencias da actual degradación do territorio, deseñando un país virtual, mentras deixan vixentes as planificacións caducas e insustentábeis responsábeis desa degradación.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Novo Plano Hidrolóxico: a excusa para continuar co saqueo dos nosos ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Novo Plano Hidrolóxico: a excusa para continuar co saqueo dos nosos ríos a FaceBookEnvia Novo Plano Hidrolóxico: a excusa para continuar co saqueo dos nosos ríos a Twitter

miicentraisgalizacosta.jpg23 de agosto de 2010. Malia á suspensión en 2005 (Decreto 555/2005) da concesión de 32 aproveitamentos hidroeléctricos e á aprobación en 2006 da ILP en Defensa dos Ríos, novas minicentrais amezan a vida dos nosos ríos da man do novo Plano Hidrolóxico. As concesións hidroeléctricas aprobadas polo governo Fraga en funcións e denunciadas polo Consello de Contas, poden ser unha realidade denantes de 2015. Feijóo (daquela vicepresidente) e Hernández (daquela responsabel de Augas de Galiza) pretenden continuar co saqueo dos nosos ríos onde o deixaron en 2005.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta incumpre a Lei de dereito ao acceso á información ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta incumpre a Lei de dereito ao acceso á información ambiental a FaceBookEnvia A Xunta incumpre a Lei de dereito ao acceso á información ambiental a Twitter

censura20 de agosto de 2010. Alén da escurantista política informativa que está a practicar a Xunta por mor dos lumes, a administración tampouco atende á súa obriga legal de informar á cidadanía encol doutras materias de carácter ambiental. Este dereito está regulado pola Lei 27/2006, que incorpora diversas directivas europeas para garantir o libre acceso dos cidadáns á información e á xustiza en materia de ambiente. ADEGA solicitou á Xunta en repetidas ocasións informacións de carácter ambiental ao amparo desta lei, que a administración ignorou incumprindo o artigo 10.2.c.1º. Os vellos vicios (lembremos as vacas tolas, o Prestige...) son moi malos de deixar.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 Seguinte > Final >>

Páxina 44 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA