Adega
INICIO Últimas novas Como en Catalunya, fóra as touradas de Galiza!
Como en Catalunya, fóra as touradas de Galiza! PDF Imprimir Correo-e
Envia Como en Catalunya, fóra as touradas de Galiza! a FaceBookEnvia Como en Catalunya, fóra as touradas de Galiza! a Twitter
28 de xullo de 2010. O Parlament de Catalunya ven de aprobar por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións a abolición das touradas após de 2012. Este fito histórico abre a porta para que outros territorios rematen definitivamente coa vergoñenta "festa nacional", que en Galiza, malia á ampla oposición social, ten aínda algúns redutos. Precisamente este sábado 31 en Pontevedra, a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra mobilízase para denunciar a tortura convertida en espectáculo da “feria taurina”, demandando o cese de calquera promoción ou soporte público ás touradas, a modificación da lexislación para abolir a tauromaquia e a declaración de Pontevedra como cidade antitaurina e amiga dos animais.

A actividade central destas mobilizacións en Pontevedra será a manifestación do día 31 ás 20h da tarde dende a Peregrina, baixo o lema “A tortura non é arte nen cultura. Touradas fóra de Pontevedra” .

Este ano, diversos colectivos e organizacións da comarca serán os que convocan de forma conxunta: APDR, ADEGA, BRIGA, Colectivo Ecoloxista do Salnes, Coordenadora Antitouradas de Pontevedra, CNT, Centro Social Revira, Galiza Nova, Plataforma Antitouradas de Pontevedra, Nós-UP, Os Chichisos, Protectora “Os Palleiros”, Vaipolorio e Verdegaia. Estes colectivos valoramos como fundamental o traballo coordenado e unitario de cara á erradicación da touradas, de tal modo que asumimos e facemos noso o manifesto unitario para manifestación do día 31 de xullo.

 

ACTIVIDADES DA COORDENADORA

VENRES 30 DE XULLO. 20h. “As touradas a debate”. Charla-coloquio con Montse Valencia (xurista de Amigos da Terra) e membros da Coordenadora. Centro Social Revira (Gonzalo Gallas, 4).

SÁBADO 31 DE XULLO, 20h. Manifestación Antitouradas baixo a lenda “A tortura non é arte nen cultura”. Touradas fóra de Pontevedra. Praza da Peregrina.

MARTES 3 DE AGOSTO, 11h. Roteiro antitouradas. Discorrerá polas diferentes institucións públicas da cidade para entregar vía rexistro as nosas demandas. Ponto de inicio: edificio da Xunta de Galicia en Campolongo. Entregas en: Subdelegación do Goberno Estatal, Deputación de Pontevedra, Concello de Pontevedra.

MÉRCORES 4 DE AGOSTO, 20h. Asemblea Aberta contra as Touradas. Convite a diversos colectivos e organizacións da cidade para debater as liñas de actuación e socialización de cara á erradicación das touradas. Centro Social Revira (Gonzalo Gallas, 4)

SÁBADO 7 DE AGOSTO, 20h. Pasa-rúas antitouradas dende a Praza da Peregrina. Ao remate iremos até o C.S. Revira onde terá lugar a clausura da xornada antitouradas do 2010.

Actividades complementares: instalación dunha mesa informativa na praza da Peregrina. Máis información: http://pontevedraantitouradas.org/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA