Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Concentracion en defensa do Umia: auga para a vida e non para o negocio PDF Imprimir Correo-e
Envia Concentracion en defensa do Umia: auga para a vida e non para o negocio a FaceBookEnvia Concentracion en defensa do Umia: auga para a vida e non para o negocio a Twitter
EUmia1Este sábado 2 de outubro, ducias de persoas concentrámonos no muro do encoro do Umia, en Caldas, nun acto de desagravio en defensa do río e da veciñanza. A preocupante situación pola que atravesa o abastecemento de auga de Caldas debido á proliferación da alga Microcystis no vaso do encoro, é consecuencia do despropósito que supuxo esta obra. Todo un río sacrificado aos intereses privados pola prepotencia e soberbia duns políticos que hoxe, paradoxalmente, voltan a ter a responsabilidade de garantir a saúde ambiental e cidadá. No entanto, e coma daquela, seguen mentindo e prometendo custosas -e ineficaces- solucións "técnicas" para tapar a súa vergoñenta xestión. Esiximos respecto polas leis e dignidade para o Umia: ENCORO, DEMOLICIÓN!facebook-16
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA no Festival Terractiva 2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA no Festival Terractiva 2010 a FaceBookEnvia ADEGA no Festival Terractiva 2010 a Twitter

Os vindeiros días sábado 2 e domingo 3 de outubro celébrase en Arzúa unha nova edición da Feira TERRACTIVA, o festival das artes pola biodiversidade. Xa é tradiciomnal que ADEGA participe neste evento cun stand con información sobre as actividades de ADEGA e diverso material divulgativo. Este ano ademáis organizamos en colaboración cos Toiteiros do Furelos un limpa-roteiro fluvial; apresentamos a exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia"; e participamos en palestras sobre o proxecto de ADEGA "A Eira da Xoana" e "O urbanismo en Galiza: o caso de Barreiros," entre outras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de setembro PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de setembro a FaceBookEnvia ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de setembro a Twitter

Folgaxeral29S

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O encoro do Umia continúa matando a vida do río e poñendo en risco a saúde PDF Imprimir Correo-e
Envia O encoro do Umia continúa matando a vida do río e poñendo en risco a saúde a FaceBookEnvia O encoro do Umia continúa matando a vida do río e poñendo en risco a saúde a Twitter

Preme para ampliar27 de setembro de 2010. Un verán máis o subministro de auga de Caldas vese alterado pola mala calidade das augas do Umia. As causas están no encoro de Caldas, que outra volta tense convertido, debido á proliferación explosiva de cianobacterias, nunha sopa verde, cheirenta e tóxica imposíbel de depurar nin coas máis esixentes técnicas. Dacordo cos estudos da USC e da propia OMS, un exceso de Microcystis na auga é extremadamente perigoso para a saúde porque estas malia a seren destruidas, liberan unha cianotoxina -a microcistina- de efectos acumulativos, que ataca ao fígado, pode provocar problemas intestinais e neurolóxicos e mesmo funcionar como indutora ou desencadeante de tumores. Por iso, agora máis ca nunca ADEGA volta a pedir a demolición do encoro, única medida efectiva para garantir a saúde da poboación e a do río.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Troco de cromos na Rede Natura entre a Xunta e Costas: o viaduto de Noia pola escolleira PDF Imprimir Correo-e
Envia Troco de cromos na Rede Natura entre a Xunta e Costas: o viaduto de Noia pola escolleira a FaceBookEnvia Troco de cromos na Rede Natura entre a Xunta e Costas: o viaduto de Noia pola escolleira a Twitter
viaduto217 de setembro de 2010. A Xunta e o Estado "negocian" autorizarse mutuamente dúas obras de importante repercusión ambiental: por unha banda, a retirada da vella escolleira á entrada da ría de Noia que quere acometer Costas necesita da autorización de Portos de Galiza (Xunta) e por outra a macroponte de 1,4 km da variante de Noia, precisa do visto bo do ministerio. O viaduto  de Hernández tería gravísimas repercusións ambientais e socioeconómicas na ría, espazo da Rede Natura 2000 e foco de produción marisqueira. De efetuarse este vergoñento troco de cromos (oficialmente "complicidade") Costas faríase cómplice da nefasta política territorial de Feijóo, e amosaría outra volta a escasa sensibilidade ambiental da Sra. Espinosa.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Ladrillos e coches non se comen: por un compromiso co noso agro PDF Imprimir Correo-e
Envia Ladrillos e coches non se comen: por un compromiso co noso agro a FaceBookEnvia Ladrillos e coches non se comen: por un compromiso co noso agro a Twitter

leite13 de setembro de 2010. A política de dumping dalgunhas empresas leiteiras está a convertir o agro galego nun ermo. Esta estratexia vese favorecida pola falla de compromiso institucional para defender o noso sector agrogandeiro. Tras promover durante anos a intensivización, facilitar a concentración do mercado nunhas poucas mans, e ignorar as demandas dun grupo lácteo galego, a administración segue dando as costas ao agro, refén das transnacionais. En ADEGA coidamos que sen un mundo rural vivo, os desequilibrios ambientais agrávanse: despoboamento e abandono, cambio de usos e especulación, lumes... Resulta indecente que a Xunta siga a subvencionar a merca de coches, malia á constante caída das vendas, e a achantar o camiño á especulación urbanística e industrial, en troques de apoiar aos sectores produtivos baseados na terra que contribúen a manter vivo o mundo rural.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 Seguinte > Final >>

Páxina 43 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA