Este Nadal, agasalla ecoloxía! |
Unha boa idea para agasallar nestas festas pode ser tamén facerte/lle socio/a de ADEGA. Por moi poucos cartos podes contribuir durante un ano á defensa ecolóxica do teu país facéndote ou facéndolles, aos teus seres queridos, membros da organización ecoloxista decana de Galiza. Nestas datas tan propensas ao consumismo, agasalla algo diferente: agasalla compromiso co patrimonio natural e cultural de Galiza e contribúe a manter viva unha loita de máis de 35 anos. Podes descarregar, imprimir e enviar esta Ficha de socio/a (313 Kb) ou podes achegar os teus datos através desta ligazón web ao formulario de alta. |