Grupo estábel de nenos e nenas de 5 a 12 anos que desenvolven periódicamente actividades de educación ambiental cos monitores/as de ADEGA
¿QUEN SOMOS?
Somos un grupo de nenas e nenos que facemos actividades de Educación Ambiental con educadores/as de ADEGA.
¿QUE ACTIVIDADES FACEMOS?
Roteiros: Saímos a camiñar por bosques, parques, beiras do río. . . descubrindo o noso entorno natural, e coñecendo a relación das persoas con el. Aprendemos a ver a natureza, e tamén a respectala e coidala.
Obradoiros: Aprendemos a reciclar, reutilizar e a reducir as cousas que usamos habitualmente como envases ou papel evitando que rematen no lixo.
Facemos papel reciclado, e logo empregámolo para facer cadernos, tarxetas, separadores...
Inventamos xoguetes, facemos adornos de Nadal...
As veces, danos por facer galletas, queixos, pan, iogur, marmeladas para aprender que todo o que comemos non ven sempre do supermercado.
Saídas de fin de semana: As veces, imos a algún pobo para coñecelo, aprendendo oficios tradicionais como o de facer cestos, queixos caseiros ou unha fornada de pan de verdade. Facemos actividades nas que participamos activamente nós e @s nos@s nais e pais, aproveitando para crear un espazo de convivencia e respecto entre nos e o noso entorno.
¿CANDO?
Normalmente as actividades son unha vez ao mes, os sábados pola mañá, en horario de once a dúas.
¿ONDE?
Habitualmente facemos as actividades en Compostela ou arredores, aproveitando lugares de interese natural, ou zonas propiamente urbanas, coñecendo os distintos ecosistemas que existen na cidade e no seu redor.
¿Como podo facerme soci@ de verdiñ@s?
Para ser VERDIÑ@ tes que ser familiar directo dun/ha s soci@ de ADEGA.
Ter entre 5 e 12 anos
· Hai que pagar tres euros por día de actividade, pero hai desconto para aquelas familias con varios irmáns ou irmás
1 nen@ paga tres € por actividade.
2 irmáns pagan entre os dous catro € por actividade.
3 irmáns pagan entre os tres cinco € por actividade.
4 irmáns pagan entre os catro seis € por actividade.
· Se hai gastos extraordinarios (aluguer de autobuses, aloxamento nas fins de semana, etc.) pagaranse aparte, unha vez aceptada a actividade polo grupo.
PARA contactar connosco:
- Chamando aos teléfonos 981 570099 ou 645841500
- Tamén podes pasar polo noso local en Praza Camilo Díaz Valiño, 15 – 2ºA, 15704 – Santiago de Compostela
|