Adega
INICIO Novas de EA Crónica do VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos
Crónica do VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos a FaceBookEnvia Crónica do VIII encontro do voluntariado do Proxecto Ríos a Twitter
O pasado 16 de xuño de 2012 celebrouse no Centro de Educación Ambiental de O Rexo (Allariz) o VIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Como en anteriores ocasións convidouse ao voluntariado participante a compartir as súas experiencias sobre os traballos que realizan dentro do Proxecto Ríos e a gozar dun día de encontro e esparcimento ao carón dun río e espazo privilexiados. A xornada deu comezo ás 10:30 da mañá cunha presentación por parte do Concelleiro de Medioambiente de Allariz, Bernardo Varela, logo da entrega do material das xornadas aos asistentes. Bernardo Valera falou da importancia dos ríos para a vila de Allariz e do compromiso e necesidade do voluntariado ambiental para a conservación do río Arnoia que atravesa esta fermosa vila.
A continuación, foi a quenda dos grupos participantes que expuxeron as súas experiencias. Falou en primeiro lugar Rita Cid sobre o estudo que fai nos ríos Sampil e Pontillón de Celanova; logo os/as alumnos/as do IES Lagoa de Antela falaron dos treitos que estudan no río Limia ao seu paso por Xinzo, así como das súas problemáticas e do río Bidueiro, un afluente do Limia que está nun estado de saúde moi bo. De seguido foi a quenda dos alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán que adicaron a súa exposición ao Rego de Louriñas, no que comezaron este ano a facer o estudo da súa calidade ecolóxica. Para rematar a presentación de experiencias, Xosé Romero, técnico de medio ambiente do concello, falou da importancia do río Arnoia para a vila de Allariz e dos traballos de recuperación que levan facendo ao longo deste río dende fai 20 anos.
 
Despois das comunic13._caharla_aves.red.jpgacións Alfredo Fernández Ríos, Xefe do Servizo de Coordinación e Información Territorial, falou do xeoportal do Proxecto Ríos, nova aplicación web para que o voluntariado do Proxecto Ríos poida inserir os resultados das súas inspeccións directamente na web. Alfredo explicou aos asistentes as utilidades do xeoportal tanto para o voluntariado como para a sociedade en xeral.
A continuación e antes de proseguir a xornada fíxose un pequeno descanso onde se serviu café con bolachas, zumes, froita e bica de Castro Caldelas.
 
A continuación foi a quenda de Esther de Castro, Coordenadora do Programa de Voluntariado en ríos do MAGRAMA da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que comentou os aspectos esenciais desta iniciativa, no que o Proxecto Ríos leva participando dende o seu inicio en 2007. Esther foi enumerando os diferentes proxectos realizados en Galiza e no resto do estado polas diferentes organizacións que concorreron a estas axudas. En seis anos que leva funcionando este programa de voluntariado teñen participado máis de 153.000 persoas a nivel nacional e 8.000 na bacía do Miño-Sil.
 
16._clausura._alberto._red.jpgLogo, ás 13:15 deu comezo a charla marco dos encontros, que este ano foi para coñecer máis de preto as aves dos nosos ríos. Para elo contouse coa presenza de José Manuel Martínez Mariño, da Sociedade Galega de Ornitoloxía, que fixo un percorrido polas familias e especies máis comúns que habitan nas ribeiras dos nosos ríos. Destacou tamén a importancia que ten o voluntariado no seguimento das poboacións de aves para coñecer o estado no que se atopan.
 
A conferencia marco rematou cunha pequena rolda de preguntas e comentarios por parte dos asistentes e coa entrega dun agasallo –unha litografía dunha garza real, obra de Calros Silvar– que por parte do Proxecto Ríos quixemos facerlle a José Manuel. Para pechar a xornada matutina clausuraron as xornadas a coordinadora do Proxecto Ríos, Virginia Rodríguez; Alberto de Anta, en representación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Francisco Menéndez como Director de Augas de Galicia.
 
 
Ás 14:30 dispúxose un xantar popular a cargo do Con26._trio_red.jpgcello de Allariz. No tempo do café contamos co trío musical formado por Gema (violín), María (violín) e Lolita (acordeón diatónico) que amenizou o final da xornada de mañá.
Xa pola tarde, fíxose unha pequena visita ás dependencias do Centro de Educación Ambiental de O Rexo e se continuou cun roteiro polo río Arnoia ata chegar á vila de Allariz. No roteiro tivemos a oportunidade ver e escoitar algunhas das aves que viven na ribeira deste río, como son o merlo rieiro, a lavandeira real, alavancos ou a papuxa das amoras. Xa chegando a Allariz deuse un pequeno paseo pola Exposición Internacional de Xardíns que acolle a vila alaricana.
 
 
Ás 18.30 deuse por finalizado o VIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos coa participación de 53 persoas.
Pódense ver as fotos do encontro no seguinte enlace 29._roteiro_polo_ro_arnoia._red.jpg
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA