Adega
INICIO Novas de EA Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012
Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 a FaceBookEnvia Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012 a Twitter

Este venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. A "Fundación Biodiversidad" vén de seleccionar a actividade Únete e limpa a túa praia! proposta  por ADEGA no marco da iniciativa “Playas, voluntariado y custodia del Territorio”. Baixo este lema ADEGA convoca a entidades das tres provincias costeiras para facer unha limpeza simultánea este venres. Centros de ensino público, institutos, universidades, escolas de surf, centros de mergullo, asociacións culturais, colectivos ecoloxistas en máis de 20 concellos dende Nigrán a Ribadeo mobilizarán a grandes e pequenos/as pola defensa dos océanos. Descarrega o PROTOCOLO para a limpeza de praias. ÚNETE A NÓS E LIMPA A TÚA PRAIA! Mapa das ubicacións (Google Maps)


Ver Limpeza simultánea de praias 2012 en un mapa más grande

Para ver os detalles de cada limpeza, preme nos marcadores azuis do mapa.

A maioría dos residuos inorgánicos que producimos e consumimos non teñen unha xestión axeitada. Moitos deles rematan incinerados, en vertedoiros ou o que é peor, nos mares. Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos nas praias provén de zonas do interior, que, sumado a outros vertidos acadan as 7 millóns toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos.

Alén do seu impacto visual os residuos plásticos no mar son un grave perigo para a fauna mariña. Moitos animais acaban enredados en bolsas, sacos, redes, etc., o que habitualmente provoca a súa morte por asfixia ou por vulnerabilidade ante as súas presas. A fauna mariña inxire plásticos confundíndoos con alimento o que finalmente provoca tamén a súa morte.

Outro dos problemas máis graves é que o plástico acaba reducíndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que finalmente rematarán nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes prexudiciais e perigosos que conteñen os plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. As accións polo medio ambiente teñen máis efecto cando se realizan día a día, e cando conseguen cambiar conciencias.

Pero tamén podemos pasar á acción directa, e mobilizarnos para crear unha masa crítica e facérmonos escoitar. Isto é o que pretendemos no día mundial dos océanos, unha data sinalada na que máis de 20 entidades se mobilizarán en todo o país para limpar as nosas praias.

Se estás interesado/a en participar ponte en contacto con nós:

Localización: Praias de toda Galiza
Contacto: Lucía Parente, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo tlf: 981 57 00 99

Na limpeza simultánea de praias están inscritas as seguintes entidades:

Concello

Praia

Colectivo

A Coruña

Canide

OMA-UDC

A Coruña

Praia das Lapas

ADEGA Coruña

Arteixo

Praia de Alba

Asoc. Cult. Monte da Estrela e ADEGA Coruña

Barreiros

Praia Area Longa

ADEGA Mariña

Colabora: Colectivo Cultural Ollomao

Burela

O Perdouro

Colectivo Cultural Buril

Burela

O Perdouro

IES Perdouro

Camelle

Praia de Camelle

CEIP de camelle

Carnota

Porto de Quilmas

Raínha Lupa

Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas

ADEGA Costa da Morte

Ferrol

Caranza

ADEGA Ferrolterra

Fisterra

Fisterra

IES Fin do Camiño

Foz

Praia os Alemáns

Mariña Patrimonio, Pomba do Arco, Karrikanta e Sensación Surf Escola.

Muxía

Praia dos Muíños

Programa de voluntariado do concello de Muxía. e CEIP Os Muíños

Nigrán

Praia América

CEMMA

Nigrán

Praia de Patos

Prado Surf Escola

Ortigueira

Praia S. Antón de Espasante

Asoc. cultural Bangalúas

Poio

Praia de Lourido

ADEGA Pontevedra

Porto do Son

Praia de Queiruga

ADEGA Nacional

Ribadeo

Areal de Rinlo

Asociación Rinlo Bai

San Xenxo

Area de Agra

C.E.I.P. Magaláns-Dorrón

Valdoviño

Praia de Pantín

Pantin Surf Camp

Vigo

Marina Dávila

Buceo Balea

Vilanova de Arousa

O Terrón

IES A Basella

Viveiro

Praia de covas

A Estruga e

IES María Sarmiento

Laxe

Praia de Traba

IES Maximino Romero de Lema

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA