Adega
INICIO Novas de EA O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono coa IV limpeza simultánea de ríos
O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono coa IV limpeza simultánea de ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono coa IV limpeza simultánea de ríos a FaceBookEnvia O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono coa IV limpeza simultánea de ríos a Twitter

presentacionlimpeza1114 de setembro de 2011. A IV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos celebrarase este 2 de outubro en 31 concellos de toda Galiza, e participarán mais de 30 entidades (asociacións, comunidades de montes, ecoloxistas, delegacións de ADEGA, ANPAs…) e 10 concellos que organizan directamente esta actividade. Algúns destes grupos xa participaron na limpeza do ano pasado e outros son participantes no Proxecto Ríos ou no Proxecto de Custodia Fluvial Ulla-Umia-Lérez. Este 2 de outubro numerosos voluntarios e voluntarias desprazaranse aos ríos destes 31 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. A limpeza conta co financiamento de C. H. Miño-Sil, e dos concellos de Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Valga.

Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallará  aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza. Este ano publicouse unha nova páxina web para a limpeza http://limpeza.proxectorios.org/ onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e financiadoras.

Outra das actividades da campaña de outono serán o comezo das inspeccións de río (a partir do 15 de setembro) con numerosas saídas formativas por toda Galiza, e as XIV Xornadas de Coordenadores de grupos que se realizarán o 1 de outubro na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (Vilagarcía de Arousa). Como outros anos haberá unha parte das xornadas destinada ás inspeccións de ríos e recoñecemento de macroinvertebrados. Ademáis este ano preséntase a nova aplicación informática para os grupos voluntarios de Proxecto Ríos e do Proxecto de Custodia Fluvial Umia, Ulla, Lérez. Con esta nova ferramenta o voluntariado poderá incorporar os datos das súas inspeccións nesta nova aplicación. Calquera persoa poderá consultar o estado de saúde dos ríos galegos pois será unha páxina con datos públicos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA