Adega
INICIO Novas de EA Roteirríos 2011 por terras d'O Bierzo (inclúe Big Jump)
Roteirríos 2011 por terras d'O Bierzo (inclúe Big Jump) PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteirríos 2011 por terras d'O Bierzo (inclúe Big Jump) a FaceBookEnvia Roteirríos 2011 por terras d'O Bierzo (inclúe Big Jump) a Twitter
bierzoGIF9 e 10 de xullo. O programa de itinerarios que dende o Proxecto Ríos "Roteirríos" está adicado este ano á restauración fluvial. Para esta segunda saída desprazarémonos até a comarca d'O Bierzo. Alí visitaremos o proxecto de restauración que o CIUDEN (Fundación Ciudad de la Energía) está a facer no pobo de Tremor e coñeceremos o Centro CIUDEN Vivero que esta mesma entidade adica ao cultivo de prantas para repoboar as canteiras recuperadas. O domingo realizaremos un roteiro no Val do Seo e celebraremos o Big Jump 2011, iniciativa global en defensa dos ríos dándonos un baño... ou mollando os pes.

O Proxecto Ríos organiza esta actividade e coordenará as rutas do sábado e do domingo, cubrindo o seguro de responsabilidade e a cea de confraternización do sábado. O resto dos gastos (desprazamentos, aloxamento e xantar) correrán a cargo dos e das participantes.

PROGAMA

Venres:

Aínda que as actividades programadas non comezan até o sábado a mañá, aquelas persoas que o desexen poderán ir xa o venres para non ter que facer un desprazamento tan longo o sábado.

Cearemos e pernoctaremos no Camping Val do Seo (http://www.campingvalledoseo.com)

É preciso inscribirse para coordenar o aloxamento e a cea. No camping existe a posibilidade de instalar tenda ou de reservar habitacións (a día 28 de maio quedan 8 prazas dispoñibles no albergue). Quen o desexe tamén poder buscar alternativas fora do camping.

Sábado:
09.00 Almorzo
10.00 Saída
11.00 Visita a restauración de Tremor
13.00 Afloramiento fósiles del Carbonifero en Valdesamario
13.30 Xantar en Pobladura de las Regueras
16.30 Visita Centro CIUDEN Viveiro
20.00 Volta para o camping
21.00 Cea

Domingo:
9.00 Almorzo
10.00 Roteiro polo Val do Seo
18.00 Volta para Compostela

É preciso inscribirse antes do xoves 7 as 12.00h da maña.
Máis info e inscripcións:
Ramsés Pérez
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlfn: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50
www.proxectorios.org

Pódese consultar o proxecto recuperación de entulleiras en O Bierzo nun artigo de Luis A. del Riego Celada na última Cerna de ADEGA, páxinas 34 e 35.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA