A vindeira xeira do campo de voluntariado ambiental no río Tea será estes 27, 28 e 29 de maio e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do Tea, no treito que vai desde os Pasos de Tatín até Ponte Cernadelas. Traballaremos sobre Acacia dealbata e Acacia melanoxylon, falsa acacia (R obinia pseudoacacia) e pequenas matas do falso bambú ( Phyllostachys spp.) ademáis da Conyza canadensis, a tintureira ( Phytolacca americana), o garrapatón ( Bidens frondosa) e a Tritonia x crocosmiflora. Esta quenda está financiada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. O aloxamento como doutras veces será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea), onde estaremos durmindo o venres 28 e sábado 29. Para o desprazamento do sábado contaremos cun autobús.
A programación é a seguinte:
VENRES
|
mañá
|
tarde
|
|
19:00 h
|
Recepción (albergue)
|
19:30 h
|
Presentación do PR
|
20:00 h
|
Presentación e Formación do Programa do Tea
|
21:00
|
Cea
|
22:00
|
Tempo de lecer
|
SÁBADO |
mañá
|
tarde
|
09:00
|
Almorzo
|
16:30-20:00
|
Traballos de campo |
10:00-13:30
|
Traballos de campo
|
20:30
|
Regreso ao albergue |
14:00
|
Xantar
|
21:00
|
Cea |
15:00-16:30
|
Descanso
|
22:00
|
Roteiro nocturno |
DOMINGO
|
mañá
|
tarde
|
10:00
|
Almorzo
|
16:30-18:00
|
Itinerario guiado
|
10:30-13:30
|
Posta en común e avaliación
|
18:30
|
Volta
|
14:00
|
Xantar
|
|
|
|