Adega
INICIO Novas de EA Comeza RoteiRíos 2011: a restauración dos ecosistemas fluviais
Comeza RoteiRíos 2011: a restauración dos ecosistemas fluviais PDF Imprimir Correo-e
Envia Comeza RoteiRíos 2011: a restauración dos ecosistemas fluviais a FaceBookEnvia Comeza RoteiRíos 2011: a restauración dos ecosistemas fluviais a Twitter
restaurarios1.jpgMarzo de 2011. RoteiRíos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e social asociado. Nste 2011 imos pola cuarta edición e a temática escollida é a restauración fluvial. Pretendemos dar a coñecer á cidadanía actuacións que se teñen feito nesta materia e que seguiran criterios ambientais, sendo o obxectivo principal a recuperación do ecosistema. Moitas veces as actuacións nos cauces e ribeiras supoñen unha agresión ao medio e o seu suposto beneficio está moi lonxe de acadar a recuperación do ecosistema, previamente degradado polas actuacións humanas.

restamuxeComezaremos este Roteirríos 2011 visitando as obras realizadas no río Tamuxe no Concello d'O Rosal o día 2 de abril. Abaixo aparece o programa provisional para este roteiro, así como a dispoñibilidade de prazas e información da preinscrición.

Programa provisional

Sábado, 2 de abril de 2011.
08:30 Saída de Compostela.
10.30 Chegada ao Concello de O Rosal.
11.00 Roteiro polo río Tamuxe ,para coñcer a restauración fluvial realizada
14.00 Xantar.
16.30 Visita aos Muíños do Folón e Picón. (Poderánse plantexar alternativas a esta visita, como visitar o Eco Museo de Vilanova da Cerveira ou o proxecto de Custodia do territorio da asociación ANABAM).
18.30 Saída para Compostela.
20.30 Chegada a Compostela.

Vindeiros RoteiRíos
-Fin de semana do 14, 15 e 16 de maio: Río Tremor (Bierzo). Faremos un desprazamento de fin de semana ata a vila leonesa de Tremor, onde a "Fundación Ciudad de la Energía" ten en marcha un proxecto de restauración da paisaxe arrasada pola extracción de carbón cunha iniciativa de recuperación ambiental das entulleiras por parte dos veciños.
-18 de setembro, ríos Rons e Gándara (Pontevedra). Coñeceremos de primeira man o traballo realizado pola firma Integra – Futuros e financiado polo  concello de Pontevedra nas súas ribeiras.

A quen vai dirixido? Roteirríos vai dirixido a toda a cidadanía, tanto aos participantes do Proxecto Ríos como aquelas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio fluvial. Nos roteirríos poderán participar maiores de idade ou menores acompañados dalgún familar ou responsábel.

Prazas e preinscricións: As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilitará o achegamento á zona e causará un menor impacto no espazo visitado. O Proxecto Ríos financia unha parte dos roteiros, sendo 8€ o prezo a desembolsar polos participantes. Na web do Proxecto Ríos irémosvos informando dos puntos de encontro, mapas do percorrido, etc.


Se estás interesado/a en participar ponte en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos. Proxecto Ríos Travesa de Basquiños, 9 Baixo 15704 Santiago de Compostela
Ou ben por correo electrónico ou por teléfone:

Ramsés Pérez Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Telf.: 616 238 050 / 981 57 00 99
Paco Bañobre Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Telf.: 619 672 038 / 981 57 00 99

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA