O Proxecto Ríos participará co relatorio " Experiencias de custodia fluvial en augas continentais, coordenadas polo Proxecto Ríos", no IV Seminario Permanente “VOLUNTARIADO PARA LA CONSERVACIÓN DE LA BIODIVERSIDAD” que vaise celebrar en Valsaín (Segovia) os días 20, 21 e 22 de outubro Estes seminarios teñen como obxectivo potenciar a colaboración e a coordenación entre o voluntariado relacionado coa conservación da biodiversidade para así establecer liñas de actuación entre diferentes colectivos. Tamén preténdese crear un espazo de encontro para o intercambio de experiencias e información que posibilite a colaboración entre diferentes proxectos de voluntariado do estado.
|