27 de decembro de 2011. Diante das enchentes acontecidas na veciñanza da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, ADEGA denuncia que débense á nefasta xestión deste espazo por parte da administración con intervencións que nunca se deberon proxectar, autorizar, ou executar sen ter en conta a dinámica e a oscilación natural do humidal. Todo isto provocou unha acelerada degradación da lagoa convertida primeiro nunha chaira seca e logo, exposta á influencia directa do océano, nunha badía obturada que funciona coma un encoro. Diante disto, a Xunta incumpríu o compromiso asumido en 2010 a instancias do Parlamento Galego para a creación dun "plano de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”. Xogar a aprendiz de bruxo cos ecosistemas naturais trae estas consecuencias.
|
Ler máis...
|
|
Valdoviño. 21.12.2011. Adega, ante a problemática das inundacións nas zonas colindantes da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, denunciamos que fixéronse actuacións que nunca se deberon autorizar, permitir, e menos aínda proxectar sen ter en conta a oscilación natural que se produce no humidal,a solución da cal non pode pasar por unha continua degradación da lagoa e tamén denunciamos o incumprimento por parte dos organismos competentes da Xunta do compromiso de 2010 de “a creación dun plan de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica” tal como aprobou o propio Parlamento Galego. Valdovio.Lagoa_da_Frouxeira._Nota_de_prensa.2011.doc |
29 de decembro de 2011. A situación na que se atopa o humidal protexido de Valdoviño e os perxuízos que as enchentes están a causar á veciñanza, non son casuais. Nos últimos anos, alén das "intervencións" pouco afortunadas sobre o espazo, Xunta e MARM (Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño) perpetraron sen fundamentación técnica nen legal, a castración da superficie protexida inicialmente por Ramsar ( 740,70 Ha) até deixala nas actuais 485,23 Ha, isto é, reducírona máis dun 34%. Detrás desta verdadeira "deconstrución planificada" acontecida en pleno apoxeo da burbulla inmobiliaria, estaban intereses urbanísticos e político-especulativos (nun humidal protexido non se pode construir). ADEGA vai denunciar diante do organismo internacional RAMSAR os manexos da Xunta e do Ministerio e esixir a restitución da superficie orixinal do espazo. Daqueles espúreos manexos, veñen agora estas enchentes. Informe ADEGA Valdoviño para Ramsar (gal) 1 Mb
|
Ler máis...
|
Cabanas(A Coruña). 19.12.2011. Representantes da Plataforma de Defensa dos Camiños, AETNA, Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, Verdegaia, ADEGA e SGHN denuncimos a ubicación de depósitos de áridos potencialemente contaminantes na cunca fluvial do rio Baa. A ilegalidade da ubicación dos residuos nesta zona, conculca gravemente a Lei do Solo , entre outros puntos por:
- O recoñecemento destes materiais como residuos con, xa que non foron debidamente inertizados.
- A contaminación directa das fontes do río Baa.
- O cuestionamento das concentracións de sustancias tóxicas (con hidrocarburos policíclicos), nocivas ou perigosas para o medio ambiente de áridos asfálticos
Información adicional: Aridos_contaminantes.Cabanas.2011.doc bytes |
Ferrol 18.12.2011. Mercadiño de Troco en Ferrol. 11-14 hs Na Praza Vella de Ferrol. Última edición do ano de mercadiño de troco. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboramos diversos colectivos (Cooperativa Xoaninha , SGHN,, Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. Este mes coa proximidade do Nadal, mercadiño especial para trocas xoguetes ademáis dos trocos habituáis. Información adicional: http://artabra21.blogspot.com/2011/12/coincidindo-coa-feira-mensal-de-ferrol.html?showComment=1323964877314#c8669420345758874542 e http://trocaferrol.org |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 14 de 35 |