Valdoviño 1.3.2012. O SEPRONA dá a razón a ADEGA e outros colectivo coa problemática da lagoa dá Frouxeira, e o Fiscal abre expediente á Xunta de Galicia. Tras as denuncias presentadas por ADEGA e outros colectivos sobre as actuacións da Xunta no lagoa da Frouxeira, o SEPRONA (Servizo de Protección de la Natureleza) da Guardia Civil, que actuou como policía xudicial a instancia do xuíz instrutor, poñe de manifesto que o enclave ecolóxico da lagoa carece dun plan de xestión, ditamina no seu informe que as actuacións dos baleirados do lago realizado pola Xunta non foron acordes coa normativa legal, que se produciron danos importantes no ecosistema, que case todas as peches das casas lindantes coa lagoa son ilegais, que o paseo maritim tamén se construíu de modo irregular,etc.
|
Ler máis...
|
|
Ferrol 24.2.2012. Adega na comarca de Ferrol, presenta solicitude, para que no proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del Ferrol se usen enerxías renovables. Adega na comarca de Ferrol, presentou unha solicitude ante o Servizo Galego de Saúde, para que no actual proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del Ferrol, que fundamentalmente se basea na renovación do sistema de caldeiras e aprovisionamento a gas, se implemente o uso de enerxías renovables (solar, xeotérmica,....) na instalación do novo equipamento en consonancia coas novas directrices estatáis e europeas respecto a aforro e eficiencia enerxética e coa protección do medioambiente. Propostas_mellora_eficiencia_enerxtica_Area_Sanitaria_Ferrol.2012 |
Ferrol 19.2.2012. Mercadiño do Troco. Colaboramos diversos colectivos (ADEGA, Cooperativa Xoaninha , SGHN, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. http://trocaferrol.org. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán trocar deixar ou levar obxetos sen uso de diñeiro, para promover un consumo máis sustentable. Nesta data con especial alusion aos carnaváis e ao consumo responsable. |
Valdoviño. 2.2.2012. Adega na comarca de Ferrol, no Día Mundial dos Humidáis reiteramos a nosa postura máis crítica con respecto á actuación que a Xunta levou a cabo na praia da Frouxeira, con motivo da apertura controlada da lagoa da Frouxeira, ao tempo que reivindicamos o papel que desempeñan entidades de contido ecolóxico á hora de divulgar o patrimonio natural. Os humidáis son básicas no noso patrimonio, na maioría dos casos, as administracións públicas contribúen a esta degradación. A situación creada na Frouxeira é,un claro exemplo da incompetencia dos poderes públicos na protección do medio. Se suma ademais a modificación dos límites do Ramsar, o uso de maquinaria pesada en espazos de especial protección e a variación sen criterio do perfil da praia e actuando, en concreto, na zona máis fráxil da barreira de area. |
Ferrol 1.2.2012. Edificio da Xunta. Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos..) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión xunto ao edificio administrativo da Xunta de Galicia. Informacion adicional: http://artabra21.blogspot.com/2012/01/ante-o-anuncio-de-entrada-na-ria-de.html https://picasaweb.google.com/101751370694013578251/111PROTESTALEXITIMA# |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 12 de 35 |