Ferrol 3.12.20111. Cantón de Molíns 19 hs . Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado (nesta ocasión o "LNG Edo”) cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos..) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión no Cantón de Molíns de Ferrol. |
|
Ferrol 28.10.2011. Mugardos. Adega no comarca presentó alegiacións á “Modificación puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro: aprobación inicial ” por ser, na nosa opinión, unha maniobra burocrática ilegal para intentar “legalizar” á desfeita da pranta de regasificación de Mugardos.
Alegacions_proxecto_recalificar_terreo_Reganosa._Mugardos._Adega.2011.doc.web_Adega.doc bytes |
8 de novembro de 2011. A consellaría do Mar acaba de facer público o borrador da orde para a "reinstalación" dos bivalvos contaminados provintes de zonas "C" noutros lugares da costa. Resulta que as dúas ubicacións propostas, a ría de Ferrol e a enseada de Aldán, forman parte da Rede Natura 2000 debido á excepcionalidade e riqueza do seu medio mariño. Despois de que Feijóo fixera caso de Pescanova e rexeitara instalar as bateas de moluscos fronte á piscifatoría da empresa en Morás (Xove), malia a que a orde xa fora publidada no DOG, agora a Xunta pretende trasladar o marisco tóxico... aos espazos protexidos! Foi outro vergoñento episodio de chantaxe corporativa e o que é máis grave, de submisión dunha administración aos intereses empresariais. Non sería millor que a Xunta tomara en serio o saneamento das rías en troques de andar mareando o marisco tóxico?
|
Ler máis...
|
Ferrol 21.10.2011. Dende Adega denunciamos as “tarefas de limpeza” autorizadas pola Administración e que se desenvolven na canle do río Xuvia, para as que se emprega maquinaria pesada, que altera as marxes e o leito fluvial. Tal actuación ten gran impacto sobre bosques de ribeira, talla de ameneiros, afectación de ameneirais,promove as enfirmadades por fungus patóxenos,etc,etc. |
Ferrol 18.10.2011. Adega , na bisbarra de Ferrol, apoia as reivindicacións dos mariscadores de Ferrol e Fene polos seus dereitos e pola preservación mediambiental da ría de Ferrol. Membros de Adega participaron en actividades como a acampada diante da Xunta, a marcha ciclista reivindicativa,etc. Foto: D. Ferrol |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 15 de 35 |