|
Ferrol 2.2.2011. Na celebración deste ano do “Día Mundial dos Humidais” ADEGA na comarca de Ferrolterra, quere facer público a preocupación polo estado de diversos humidais da comarca , especialmente:
-Humidal da Frouxeira (Valdoviño), zona ZEPA, e LIC, despois da apertura brutal co conseguinte baleirado que realizou a finais do ano 2009 a Consellería do Medio Rural e que deixou a lagoa nun moi mal estado de conservación.
- Humidal de Ortigueira , zona ZEPA e LIC, con actuacións un tanto “irreguláis” de Portos de Galicia para instalar un porto e unha praia artificial.
- Humidal de Mandiá (Ferrol) o maior humidal interior de Ferrol ameazado por o proxecto de un polígono industrial ao que presentamos alegacións po-lo seu impacto ambiental. Nota de prensa HUMIDAIS FERROL.doc
|
22.1.2011. Rois (A Coruña). Protestas po-lo campionato galego de “Caza do Raposo”. Membros de Equanimal , Matar por Matar, NON , Asociación COMETA, Protectora Moura, ADEGA, outros colectivos e persoas a título individual, tivemos unha acción de protesta po-lo campionato de caza de raposo celebrado en Rois. Fíxose unha acción diante do concello e tamén accións directas no monte na zona de caza diante dos cazadores e da garda civil. Ao parecer este ano conquerimos que o número de raposos cazados fose de cero. ¡Parabéns! |
Fene, 20.1.2011. ADEGA presentou alegacions ao anteproxecto do PXOM de Fene. As propostas básicas de ADEGA ao anteproxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene son (ver arquivo adxunto):
-Protección do solo rústico adxacente aos cursos fluviais dos ríos principais ( Belelle, Baa, Magalofes, Cádavo, Castro) e de calificación dunha zona de afección (superior á zona de policía) como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais, de xeito que poidan soportar poboacións estables de especies animas e vexetais autóctonas.
-Protección nas zonas de interese arqueolóxico.
-Non á amplicación do polígono industrial Vilar do Colo polo seu impacto sobre o medio natural.
-Protección do Camiño Inglés e outros puntos de interese arqueolóxico.
-Soterramento de liñas de alta tensión e mellora eficiencia enerxética.
Información complementaria:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Ferrol 27.1.2011. Praza do Inferniño as 20,15. Primeira marcha ciclista "Masa Crítica" do ano 2011. Promovida e apoiada por diversos colectivos (Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Xoaninha, etc). |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 25 de 35 |